Skip to Content

SHAKESPEARE E O DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril conmemoramos o centenario do falecemento das dúas grandes figuras da literatura universal: Shakespeare e Cervantes.

Dende a clase de inglés fixemos múltiples actividades para coñecer a figura do bardo e celebrar o Día do Libro cunha exposición sobre a súa vida e obra con posters feitos polo alumnado.

Xa na propia celebración escolar , Anair, Alejandro, Eugenia, Lara e Marcos de 2º ESO, fixeron unha lectura dramatizada sobre as coincidencias e diferencias de ambos autores en traxectoria vital e obra. Por outra banda, Isabel e Víctor de 4º ESO, realizaron o gran esforzo de ler fragmentos en inglés das traxedias mais representativas de Shakespeare.

Candela, Inés e María de 3º ESO tamén leron a Cervantes.

Moitísimas grazas a todos!

 



page | by Dr. Radut