THE BIG CHALLENGE
O gran día chegou e o concurso THE BIG CHALLENGE celebrouse en Cabo da Area como estaba previsto no mes de abril.
Esta semana recibimos os resultados e, sobre todo, os premios. Houbo para todos un detalle pola participación ademais de diversos regalos para os gañadores dos diferentes niveis:
Isabel en 1º ESO, Lara en 2º ESO, Luís en 3º ESO, Víctor en 4º ESO.
Debemos destacar que tanto Isabel como Luís foron premiados cunha medalla do concurso pola súa boa puntuación na clasificación xeral na provincia.
A experiencia resultou motivadora e moi positiva polo que para o ano vindeiro, practicaremos con mais entusiasmo.
Grazas a todos e parabéns aos gañadores!