Skip to Content

Recomendámosche

GUíAS DE LECTURA DE VERÁN

Comeza o descanso estival, mais ímonos xa matinando nas actividades do ano que vén. Mentres, o equipo preparouvos algunhas suxestións. Premendo na imaxe podedes descargar a nosa guía de lectura de infantil e primaria e a de secundaria premendo AQUÍ. BOA LECTURA E BO VERÁN!

PIONEERS: PEOPLE WHO CHANGED THE WORLD

 

O alumnado de 3º e 4º de ESO participaron no proxecto Pioneir@s proposto desde abiblioteca, coa lectura, investigación e traballos sobre personalidades de distintas épocas e ámbitos: científico, cultural, político, social...

Se clicas AQUÍ poderás ver o resultado final dalgúns dos seus traballos.

 

ONLY ROCK 'N' ROLL

Xa tedes nova exposición temática na biblio, esta vez... Rock 'n Roll!

AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA: SALA DE PRIMARIA

Un ano máis chegou o momento de facer a memoria da biblioteca. A avaliación é un punto moi importante para a súa redacción e para a planificación do curso que vén, por iso pedimos a vosa colaboración. O único que debedes facer é cubrir o seguinte formulario; lembrade que cantos máis participemos máis fiables serán os resultados. Recolleremos datos ata o domingo 4 de xuño. Grazas pola vosa colaboración.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd2-ks7qkNxh7r50QIUfkaf1Lv50c1e...

 

AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA: SALA DE SECUNDARIA

Un ano máis chegou o momento de facer a memoria da biblioteca. A avaliación é un punto moi importante para a súa redacción e para a planificación do curso que vén, por iso pedimos a vosa colaboración. O único que debedes facer é cubrir o seguinte formulario; lembrade que cantos máis participemos máis fiables serán os resultados. Recolleremos datos ata o domingo 4 de xuño. Grazas pola vosa colaboración.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeyjbaEyEFfBNRaeYoD0AGn7wAUGbyq...

 

NOVIDADES DO IT YOURSELF

Para as mentes creativas do centro adquirimos varios manuais que poden axudal@s a dar forma eses proxectos que lles xorden no maxín.

Distribuir contido


by Dr. Radut