Skip to Content

Recomendámosche

NOVA EXPO DA BIBLIO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Recomendámosche a nosa exposición "Os Océanos" que xa podes ver fronte á Secretaría do centro, xunto á exposición fotográfica sobre o Prestige, e coa que queremos conmemorar esta efeméride da que poderás saber máis abrindo o ollo de boi.

http://www.un.org/es/events/oceansday/

Achégate a visitala e poderás ver expostos nela os fondos da biblioteca (os oceánicos non, os documentais) relativos a esa temática: novela, poesía, BD, guías de natureza, documentais, filmes, etc...

E a fermosa decoración creada polo equipo para esta ocasión que significa tanto nun centro como o noso, situado ao pé do Atlántico.

EXPOSICIÓN DAS LETRAS 2018

Xa temos colgada a exposición das Letras Galegas 2018.

E tamén as planas de banda deseñada sobre a biografía de María Victoria Moreno para o concurso. Xa pasaches a velas? Rat non quixo perdelo e xa andou por alí esta mañá...

Podes ver tamén a adaptación a banda deseñada do conto de María Victoria Moreno "O Grumete" que fixo o alumnado de 1°A

 E na parede de fóra o graffitti de María Victoria Moreno

ENTREVISTANDO O BATALLÓN LITERARIO

Nos episodios deste programa o alumnado de 4º ESO entrevistará a algúns dos membros do Batallón Literario da Costa da Morte, intentando averiguar todo o posible sobre a relación das súas obras coa Paisaxe e a Sustentabilidade, tema do Proxecta deste curso no centro.

ESCÓITAO!!!

SACAMOS A CIENCIA Á RÚA

O alumnado de Física e Química de 3 e 4 de ESO participou este ano na XXIII edición do Día da Ciencia na Rùa. Premendo na imaxe podes ver máis fotos:

PELÍCULAS QUE SON DE LIBRO!!!

Xa tes na entrada a nosa expo do mes do libro, relacionada co noso tema anual: o audiovisual.

Películas que son de libro é unha escolma de filmes que podes atopar na biblio xunto coas obras literarias en que se basean.

Non faltes á estrea!

HISTORIA DO LIBRO ESPAÑOL

Xa podes ver no corredor a exposición do MECD "Historia del libro español" que nos acompañará durante este mes de abril dedicado aos libros.

WEB DE LIBROS SOBRE CIENCIA

Se che gusta ler libros de temas científicos bota unha ollada aos máis de cen títulos do catálogo en:

www.librosmaravillosos.com

 

PRIMAVERA E LITERATURA

YPremendo sobre os caligramas poderedes descargar a guía da segunda avaliación da ESO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut