Skip to Content

Recomendámosche

6 vídeos para lembrar a Díaz Pardo

No seu cuarto cabodano Praza.gal propón estes 6 vídeos para rememorar esta figura incomparable da nosa cultura contemporánea.

25 ANOS WEB

Hoxe celebramos unha efeméride con este artigo de Código cero sobre a primeira páxina web, que viu a luz no CERN hai 25 anos.

EXPOSICIÓNS MOVEMBER E NADAL

Estas son as fotos das últimas exposicións do ano:

Lecturas de Nadal, xunto co Belén regalado á biblio polo alumnado de Relixión de 1º ESO

Movember, lecturas con bigotes

LECTURAS PARA UN 25N DIFERENTE

Presentámosvos a nosa guía de lecturas contra a violencia de xénero. Podedes atopala picando no enlace.

LECTURAS PARA UN 25N DIFERENTE

 

Tamén deixamos aquí as fotos dos murais feitos polo noso alumnado en contra da violencia de xénero

PÓ DE ESTRELAS

Xa tes á túa disposición na exposición da Biblioteca a obra Pó de estrelas, segunda parte da exitosa Os dados do reloxeiro, ambas da autoría de Xurxo Mariño Alfonso, a quen este ano poderemos ver na videoconferencia organizada pola coordinadora de ENDL para celebrar o Día da Ciencia en galego.

APADRIÑAMETO LECTOR

As clases de 5º baixan todos os venres a ler contos aos compañeiros de infantil e, como vedes, escoitan con moita atención

apadriñamento lector

En Samaín fixeron Lecturas de medo e pasárono pipa!

ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA

Que mellor para pasar a noite de Samaín, que o flamante novo Premio Nacional de literatura infantil da galega Ledicia Costas?... A nós non se nos ocorreu nada, por iso este libro de cociña e aventuras no inframundo é a nosa recomendación para este mes.

OS MEUS OLLOS AS TÚAS MANS

                                  

 Este ano o centro participará novamente no Plan Proxecta, co proxecto "O mundo que queremos".

 Para ir introducindo ao alumnado tanto no mundo da  ilustración (que trataremos de perto coa constelación sobre cómics), como no concepto de cooperación para o desenvolvemento, o equipo de Biblioteca propuxo comezar o curso coa exposición "OS MEUS OLLOS AS TÚAS MANS" da ONGD galega IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO, que trata de achegar o labor das voluntarias pola igualdade de xénero e a erradicación da pobreza nos países do Sur.

GUÍA DE LECTURA

Un ano más aquí está a guía de lectura para gozar o verán con novas historias. Podedes desgargala pulsando na ligazón: BO VERÁN!

Distribuir contido


by Dr. Radut