Skip to Content

EF

Encontro XOGADE de Datchball 6º de EP e 1º ESO

O día 30 de Maio tivo lugar no Pavillón do Coto do Ferreiro da Estrada o último encontro deste curso organizado pola Asociación de Deporte Escolar de A Estrada. Esta xornada deportiva, que reuniu a máis 400 rapaces e rapazas de 6º de EP e 1º da ESO, xirou arredor do deporte alternativo do Datchball.

Asistiu a esta xornada alumnado do CPI Aurelio Marcelino de Cuntis, CPI Santa Lucía de Moraña  e os centros estradenses CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, IES nº 1, IES Manuel García Barros, CEIPP de Oca, CEIP Cabada Vázquez e Colexio de Lourdes.

Esta actividade englóbase dentro do programa XOGADE de deporte escolar.

Álbum: Curso 23-24 -> Encontro XOGADE Datchball 6ºEP-1ºESO

Encontro XOGADE 2º ciclo EP

O día 25 de Abril o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou nunha Xornada Deportiva organizada pola Asociación de Deporte Escolar de A Estrada que tivo lugar nos pavillóns polideportivos do Coto de Ferreiro en A Estrada. Esta xornada enmárcase dentro do programa XOGADE de deporte escolar.

O alumnado de 3º de EP xogou ao brilé e o alumnado de 4º de EP ao badminton.

O alumnado do CPI participou nesta xornada con alumnado do CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, CEIP Villar Paramá, CEIP do Foxo, CEIP Cabada Vázquez, CEIPP de Oca, CPIP Santa Lucía de Moraña e o Colexio de Lourdes.

Álbum: Curso 23-24 -> Encontro XOGADE 2º Ciclo EP

DÍA NA EF NA RÚA

O mércores 17 de abril conmemorouse como cada ano o Día da Educación Física na Rúa promovido polo COLEF de Galicia. A idea da conmemoración desta data é dar a coñecer a importancia da actividade física diaria e a promoción da saúde na escola a través das diferentes sesións da área de Educación Física. Con este obxectivo propuxéronse diferentes actividades en diferentes rúas do concello de Cuntis.

O alumnado de Educación Infantil realizou un percorrido de habilidades motores na Rúa Xosé María Lastra.

O alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria combinou o traballo de habilidades motoras básicas e actividades con paracaídas.

O alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria xogou ao Twincon na praza da Constitución.

O alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria xogou ao Datchball no 3x3 situado na zona do Espadenal.

Aquí tedes unha mostra das actividades realizadas.

Álbum: Curso 23-24 -> DÍA DA EF NA RÚA

30X: Carreira Solidaria pola Paz

Dentro das actividades que o centro está a preparar para o Día Internacional da Paz e a Non Violencia, decidimos organizar unha Carreira Solidaria o día 30 de xaneiro.

Este ano decidimos traballar baixo o tema Queremos vivir sen muros, e centrar a reflexión no que está a acontecer en Gaza. Por esta razón pensamos en aproveitar a carreira para recadar fondos, que doaremos a algunha das ONGd galegas que traballan, cando as bombas as deixan, en Palestina.

Para iso, cada crianza do centro pode conseguir os e as padriños e madriñas que queira para a carreira. Cada persoa que patrocine a actividade poderá achegar a partir de 1€ de doazón. Nas titorías serán entregadas follas de patrocinio ao alumnado e este entregará o diñeiro na titoría. Recolleremos cartos até o día 29, para podermos anunciar a cantidade acadada na propia Carreira.

 Que un/ha alumn@ non teña padriños ou madriñas non impide que participe na carreira. As achegas son voluntarias. Por outra banda destacamos que a carreira ten un carácter aberto polo que pode participar calquera persoa (padriños e madriñas incluídos/as) que queira colaborar con esta causa.

Animámosvos a participar na medida que poidades, para fomentar entre o noso alumnado a solidariedade.

Distribuir contido


by Dr. Radut