Skip to Content

Animación á lectura

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CUNTIS. INFANTIL 2018

Neste mes de Maio adicado ás Letras Galegas o alumnado do noso centro participou en varias actividades organizadas pola Biblioteca Municipal de Cuntis, concretamente os/as máis cativos/as do colexio fixeron unha visita para coñecer as súas instalacións, o seu funcionamento e para saber como se fan os libros  e de paso facer o carné de usuario e poder desfrutar dos libros nas súas casas. 

Moitas grazas ao bibliotecario Mario que tan amablemente nos recibiu e amosou esta biblioteca tan chea de historias e ao técnico de turismo Manuel que tamén se pasou por alí a compartir con nós lecturas.

Podedes ver algún dos momentos vividos premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

   

Visitounos Anxo Moure. Contacontos e auto do libro " O carballo con botas"

O venres 12 de maio estivo con nós unha árbore moi especial: " O carballo con botas".

O alumnado de EI, 1º e 2º ciclo de EP poido disfrutar coas suas historias, onde a ecoloxía e non violencia foron os protagonistas.

Se queredes saber onde vive esta peculiar árbore picade aquí: contosolidarios.org

Fixemos tamén algunhas fotos para que conste o ben que o pasamos.

Distribuir contido


by Dr. Radut