Skip to Content

ESO

Xornada de Badminton (3º e 4º da ESO)

O martes 23 de maio o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha xornada con alumnado do IES nº1, IES Manuel García Barros e do Colexio Nosa de Lourdes de A Estrada que xirou arredor do deporte do badminton.

Esta xornada está enmarcada dentro do programa XOGADE de deporte escolar e foi organizada pola Agrupación Deportiva Escolar de A Estrada.

Podedes ver algunhas fotos da xornada abaixo.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Badminton XOGADE ESO

SPRINGWEEK. 3º ESO

Nervios, alegría, entusiasmo, incertidume…o pasado domingo 30 de abril, a rapazada de 3ºESO partíu rumbo Os Peares cheos de emocións. Diante tiñan unha aventura de 7 días de inmersión lingüística xunto a mozas e mozos de diferentes centros educativos da comunidade galega, guiados por instrutores de moi diversas nacionalidades. O río Sil e o Miño foron os testigos dunha intensa pero gratificante aventura, con milleiros de actividades e proxectos en inglés. Logo de compartir tantas vivencias con xente de todas os currunchos de Galicia e do mundo, a despedida fíxose dura. O sábado 6 de maio tocou voltar para o pobo, coa amargura de decir adeus, pero co corazón cheo de ledicia por todo o vivido e coa promesa dun novo reencontro con toda esa xente que fixo desta experiencia un recordo inesquecible.

Se queredes ver as fotos desta actividade podedes entrar na seguinte ligazón, introducindo a contrasinal que foi enviada aos participantes da actividade: https://centropeares.es/spring-week-quenda-3

 

Premios Videopoemas

Na foto podedes ver todas as persoas finalistas do Concurso de videopoemas da Casa museo de Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo), a onde fomos o sábado 13 de maio de 2023.
Están acompañados do xurado do certame, á esauerda na parte superior, o realizador Omar Rabuñal Varela, o profesor e guionista Eduardo Álvarez González e a profesora e guionista Anxa G. Refoxo.
Na seguinte ligazón podedes ver a noticia relacionada co evento:
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm;jsessionid=80DAEAAE482889F18E47A25213183A37

Lecturas no rural: A nosa Terra XI.

Ao longo da semana do 15 ao 20 de maio desevolveuse esta actividade que se desenvolveu en diferentes lugares da parroquia de Cuntis.

Esta actividade consistía en que o alumnado de todo o centro realizaba lecturas abertas para os habitantes das diferentestes parroquias.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da actividade.

Álbum: Curso 22-23 -> Lecturas no rural

Unha experiencia con acento inglés (Inmersión Lingüística en Asturias)

 Do 8 ao 12 de maio, un grupo de alumnos de segundo da ESO e algúns de primeiro viviron unha inmersión lingüística en inglés en San Juan de la Arena(Asturias)

Cinco días onde o alumando desfrutou dunha experiencia de convivencia intensa na que o inglés foi a súa lingua de comunicación, realizando actividades participativas e activas e gozando dunha actividade de surf.
Unha experiencia chea de aprendizaxe e emocións, para non esquecer!.
Álbum: Curso 22-23 -> Inmersión Lingüística en Asturias

Vídeopoemas finalistas

 A Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei (Lugo) acábanos de dar a boa nova: dous dos vídeo-poemas feitos por alumnado de 3º ESO do noso colexio, quedaron finalistas na 6ª edición do Concurso de vídeo-poemas sobre composicións poéticas que organiza este museo cada ano. Velaquí os están:

Que así mo pediron”. Autoras: Carme Valcárcel, Aldara Pereira Campos, Claudia Martínez Baamonde, Carolina Cobas Correa e Mar Ramos Otero.

 

 Aló nas montañas voan”. Autoras: Celtia Bouzán Peleteiro, Isaac Rodríguez Rodríguez, Uxío Domínguez Fernández e Sofía Sabir Moussaqhi.

 

  En hora boa a todas/os as/os que participastes no concurso!

 

 

Saída ao Teatro: 1º da ESO

O 26 de abril os grupos de 1º da ESO aproveitaron o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para asistir como público a unha representación teatral: puideron ver a obra Wombo-Combo, unha fábula sobre videoxogos e realidade virtuais. 
Despois dun tempo para pasear Pontevedra e xantarmos na Alameda, visitamos o Museo de Pontevedra para facer unha visita guiada ás salas adicadas á obra de Castelao.

STAT WARS: O IMPERIO DOS DATOS

O martes 18 de abril o noso alumnado de 3º de ESO desfrutou moito na saída que fixeron ata  A Estrada.

A primeira hora da mañá pasearon pola vila observando e estudando parte da súa ordenación municipal, en concreto a funcionalidade e estética das súas rúas e prazas.

A continuación, trasladáronse ata o Teatro Principal da Estrada para asistir ao evento sobre Estatística STAT WARS e participaron no concurso que se celebrou, onde os nosos alumnos Samuel Pérez Abalo e Isaac Rodríguez Rodríguez conseguiron senllos premios.

Unha divertida e produtiva mañá. Para repetir!

Camiño de Santiago 2º ESO: Proxecto Terra

Os pasados (por auga) días 12 e 13 de abril, o grupo de 2ESO do centro participou, dentro do programa Proxecto Terra (https://proxectoterra.coag.es/) , nunha saída para coñecer o Camiño de Santiago. O grupo realizou, en dous días, as etapas do Alto do Poio, nos Ancares, a Samos. 

Desta maneira, puido coñecer a paisaxe de montaña galega, a aldea do Cebreiro, probar a experiencia de camiñar na calma do camiño, visitar o mosteiro de Samos e, por fin, despois de todas as restricións provocadas pola COVID-19, poder gozar dunha xornada de convivencia fóra da casa coas compañeiras e compañeiros de escola. 

Álbum: Curso 22-23 -> Camiño de Santiago

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobligatorios

O Ministerio de Educación e Formacion Profesional ven de publlicar no BOE do 17 de marzo de 2023 o anuncio da convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023-2024 para estudantes que cursen estudos postobligatorios (Ciclos, Bacharelato e Universidade)

Prazo de solicitudes: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Procedemento: exclusivamente telemáticoa a través da Sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Anuncio da convocatoria no BOE

Convocatoria xeral de becas e axudas para estudos postobligatorios

Distribuir contido


by Dr. Radut