Skip to Content

"A NOSA TERRA I": FOTOGRAFÍA DO MES NOVEMBRO

Estimadas familias.

Integrada no Tema Transversal deste ano, A nosa terra. O abandono do rural, temos unha actividade para vos propor. Trátase d’A FOTOGRAFÍA DO MES.

Para comprobarmos o moito que mudou a vida neste último século escolleremos cada mes unha fotografía realizada por Ruth Matilda Anderson, fotógrafa estadounidense que andou pola Galiza nos anos 20 do XX. A proposta é que nas casas compoñamos a mesma imaxe mais no século XXI.

Neno con coroza: chegaron as chuvias e o frío. Como nos protexemos deles hoxe en día?

As fotos que nos enviedes expoñeranse xunto coa orixinal no corredor principal do centro e no web ao finalizar o mes.  

Podedes enviar as fotografías ao correo da biblioteca: abibliodarosi@gmail.com

Día das Bibliotecas

O luns 24 de outubro coincidindo co dia das bibliotecas o alumnado de 1° e 2° fixeron unha visita á biblioteca de Cuntis para coñecela, e disfrutar dun contacontos.
Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DAS BIBLIOTECAS

MAGOSTO/SAMAÍN 2023

O venres 28 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no cole.

Fixemos unha morea de cousas:

  • Xogos tradicionais,
  • Obradoiros de maquillaxe, follas de outono, de inglés, de francés, de lámpadas de samaín, xogos de mesa...
  • Tamén houbo photocall
  • E por suposto...

COMEMOS CASTAÑAS E TOMAMOS CHOCOLATE!!!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades.

 

Álbum: Curso 22-23 -> MAGOSTO/SAMAÍN 22-23

Susa Herrera e Lara Expósito: "En Cabárceno rugidos y canciones".

O martes 27 de setembro visitou o centro Susa Herrera que cantou a dúo coa nosa compañeira Lara Expósito.

Para o 2º e 3º ciclo cantaron cancións do novo disco de Susa chamado: "En Cabárceno rugidos y canciones".

Para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria cantaron cancións de "Cantos de animales" combinadas coas cancións do novo disco.

Moitas grazas a Susa e Lara pola actividade, xa que o pasamos moi ben.

Álbum: Curso 22-23 -> Concerto de Susa Herrera

Desconcerto: Escola municipal de música.

O mércores 27 de setembro viñéronos a visitar uns artistas que fixeron un auténtico "Desconcerto". Viñeron  de parte da Escola Municipal de Música de Cuntis. Asistiu a esta actividade o alumnado de Educación Infantil e o 1º ciclo de Educación Primaria.

Álbum: Curso 22-23 -> Desconcerto (Escola Municipal de Música)

Ordenadores E-Dixgal

Neste ficheiro que se achega atópase a información inicial relativa aos equipos E-Dixgal que usa o alumnado do centro.

ACTO GRADUACIÓN 4º ESO

O pasado 21 de xuño fixemos un pequeno acto de despedida e recoñecemento apra o noso alumnado de 4ºESO. Deixa o centro para comezar unha nova etapa da súa vida despois de trece anos compartíndoa connosco.

 

O grupo escolleu ao profe Toño, de Educación Primaria e á profe Hortensia, de ESO, como padriño e madriña do acto. En representación do grupo falaron Carla, Leyre e Derech, que fixeron un repaso por anécdotas e aventuras vividas nesta escola.

 

Finalmente houbo entrega de orlas e fotos con profes, amizades e familias presentes.

 

Desde o CPI Aurelio Marcelino desexamos que todo vos vaia moi ben na vida.

Álbum: Curso 21-22 -> Acto de graduacion 4ESO

Libros de texto curso 22-23

Achegamos os librso de texto para o curso 22-23. PICADE aquí para consultar a listaxe.

AVISAMOS DE QUE NON SE DEBEN MERCAR OS LIBROS ATA QUE O CENTRO EDUCATIVO O INDIQUE.

 

Unha volta a Cuntis (Magalhaes-Elcano XI)

Despois dunha longa viaxe polo mundo, o alumnado de Educación Primaria adicouse a coñecer un pouco máis Cuntis. O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria a través dun xogo de pistas e o alumnado de 5º e 6º de EP facendo unha carreira de orientación.

Aquí vos deixamos imaxes das actividades.

Álbum: Curso 21-22 -> Unha volta a Cuntis

Tenis no verán

A ANPA, no período estival, propón unha actividade gratuíta de tenis que se desenvolverá no ximnasio do colexio os mércores pola mañá.

Aquí vos deixamos o formulario para anotarse na mesma.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScXTOqLa22VUH4vj3WaY-7v6ipCnOB1aQLl_GBflkIfhq8pyg/viewform

Distribuir contido


by Dr. Radut