De todas, ti es a preferida!
Cada ano son máis as linguas que están presentes no centro, ben como materias novas, ben como linguas iniciais do alumnado. Mais o galego é a lingua de comunicación no día a día de toda a rapazada e isto fai que a integración lingüística sexa moi doada e amena. Un paraíso lingüístico é o agroma ao redor do no noso CPI e así volo amosamos a través deste vídeo elaborado pola alumna de 4º ESO, Sheila Almeida, no que como ben din os/as protagonistas:
De todas, ti es a preferida!