Día do Libro na Biblioteca. 2017
Para conmemorar o Día do Libro, desde a Biblioteca convidamos ao profesorado a compartir con toda a comunidade educativa a súa biografía lectora. Cada un dos mestres/as e profesores/as participantes elaborou unha pequena biografía lectora en forma de mural que despois expuxemos no corredor principal do centro para animar a todo o alumnado a mirar e tratar de adiviñar de quen é cada unha das lecturas.
Din que podemos coñecer a unha persoa a través dos seus libros preferidos. Así que non será tan difícil adiviñar que profesores/as están detrás de cada mural.
Premede na imaxe e botádelle un ollo a todo. Para a semana, as votacións do concurso: quen é quen?