DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO CPI DE CUNTIS
Como este ano o día da discapacidade cae en Sábado nós celebrámolo onte 30 de novembro. Como sempre grazas ao impresionante labor da ASOCIACIÓN AVANZAR, que nesta ocasión conseguiu que viñese ao noso centro o equipo de baloncesto Cd Amfiv que foi tres veces subcampión de Europa en cadeira de rodas. Grazas por amosarlle ao noso alumnado como se pode estar integrado socialmente a través do deporte e sempre cun sorriso a pesar das dificultades. Moitas grazas pola lección!
Coma sempre, podedes botar un ollo ás fotos que fixemos da visita premendo nas imaxes ou na nosa galería de fotos.