Skip to Content

Magosto 2016

Chegou o Outono acompañado da choiva e con ela o noso Magosto cargado de actividades para todas as idades e gustos.

            

Os máis cativos/as de Infantil fixemos xogos no ximnasio supervisados polos nosos compañeiros/as de sexto de primaria e desfrutamos cos nosos amigos Os Piñeiriños que nos levaron a outros paises e culturas a través das súas cancións. Tamén nos acompañaron nesta viaxe musical os/as nosos/as compañeiros/as da Unitaria de Arcos de Furcos que se achegaron un ano máis a compartir con nós este día de festa.

          

Os rapaces e rapazas de Primaria tamén fixeron xogos no pavillón pero desta volta facendo uso dos Xogos Tradicionais de madeira que nos cedeu moi amablemente o concello de O Grove. Tamén desfrutaron da organización de varios obradoiros que se puxeron en práctica grazas á creatividade e bon facer dos/as mestres/as e profesores/as do noso centro: cerámica castrexa grazas á Fundación Terra Termarum, elaboración de abalorios, xoguetes con material de refugallo, cociña, maxia, karaoke, etc.

        

E os máis grandes de Secundaria tamén tiveron a oportunidade de por en práctica as súas habilidades artísticas e creativas cos diferentes obradoiros que prepararon os profesores/as e a Asociación Avanzar, que xenerosamente compartiu con nós un obradoiro de coiro.

                                                                 

                                                 



portada | by Dr. Radut