ANPA "O BAÑO"
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do C.P.I. Don Aurelio de Cuntis, creada en 1985, pretende favorecer e mellorar a educación dos nosos fillos e fillas, entendendo que a educación é tarefa de todos nós: familias e escola. Por iso, a Asociación cumpre unha importante función dentro desta comunidade apoiando ao centro naquilo que nos solicita e exercendo de ponte entre as familias e o centro, sempre co fin de conseguir o mellor para as nosas fillas e fillos.
Segundo os estatutos, os fins da ANPA son:
-
Asistir aos pais, nais e titores/as en todo o que concirne á educación dos seus fillos e pupilos.
-
Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro.
-
Promover a participación dos pais dos alumnos e alumnas na xestión do centro.
-
Asistir aos pais/nais do alumnado no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do centro.
-
Facilitar a representación dos pais do alumnado no Consello Escolar do centro.
-
Estimular a participación dos pais na programación do ensino a través do órgano correspondente.
-
Fomentar as relacións de cooperación do centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do seu entorno.
-
Promover a realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, así como a igualdade de dereitos de todos os alumnos sen discriminacións por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, de raza ou sexo.
-
Requirirlles aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e proxectos de actuación referentes á educación, solicitando a atención e axudas que esta merece.
-
Promover actividades formativas, culturais e de estudo.
-
Promover accións de colaboración de pais con profesores e as boas relacións entre ambos co fin de colaborar na definición dunha adecuada estratexia didáctica e pedagóxica.
-
E todos aqueloutros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.
Actividades que realiza a ANPA:
-
Organización e xestión do Servizo de Comedor Escolar.
-
Proposta e organización de actividades extraescolares: natación, inglés, informática…
-
Colaboración co centro na celebración das festas do Magosto e Entroido e coa visita dos Reis Magos en Nadal.
-
Representación das familias no Consello Escolar.
Agradecemos todas as suxestións ou comentarios que nos fagades chegar en calquera momento, ben persoalmente, no teléfono 663 786 279, no correo electrónico anpaobano@gmail.com ou deixándonos unha nota na Secretaría do colexio.
Invitamos a todos os pais, nais e titores/as do alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria a unirse e participar na asociación.