Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: 7 DE XUÑO

O venres 7 de xuño abrimos as portas do centro para que familias e veciñanza de Cuntis souberan do moito que aprendemos este ano.

Foi unha mañá intensa, porque ademais foi o último día de Paco connosco, xa que despois de moitos anos gobernando as portas do centro, chegou a hora da súa xubilación.
Así que tivemos momentos de moito caos en que non se sabía se as fotos eran do stand de 1º Ciclo e os seus “quero ser quen queira”, ser eran para Paco como recordo, se as palmas eran para o alumnado que explicaba os seus proxectos na biblio ou para Paco por tantos anos de traballo, ou se os petiscos era os realizados polo alumnado de 5º EP ou un convite de Paco como despedida.
As familias que nos visitaron souberon que queremos ser saudábeis, que queremos ser artistas, que queremos ser cociñeir@s, que queremos emocionarnos ou que queremos gozar das cores frías e cálidas.
Porén, o que quedou máis claro ao longo da mañá é que QUEREMOS SER FELICES e que, moitas veces, na escola, conseguímolo.

 

 

 

Álbum: Curso 23-24 -> Portas_Abertas
AdxuntoTamaño
PRESENTACIÓN PORTAS ABERTAS 5ºEP.pdf31.71 KB
Portas_abertas_1ºciclo.pdf13.31 KB


album | by Dr. Radut