VISITA A CASTROLANDÍN (4º EP)
O venres 27 de novembro o alumnado de 4º de Educación Primaria visitou Castrolandín, cunha visita guíada pol fundación Terra Termarun. Esto foi o que nos contaron:
"O venres 27 de novembro, os nenos e nenas de 4º de primaris fomos de visita a Castrolandín no noso concello de Cuntis.
Alí recibiunos unha historiadora e expliacounos datos moi interesantes sobre os castrexos que habitaron este outeiro no pasado, concretamente dende o século IV a.C. Ensinoiuos restos arqueolóxicos, contounos como se protexían, que comían, etc. Pero o que máis nos chamou a atención foi a lenda dos mouros.
O motivo da visita foi que estabamos a estudar a Prehistoria e a Idade Antiga. Pasámolo moi ben. Non volo perdades!"
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da visita.