Skip to Content

MUSEO DE HISTORIA NATURAL

"Este xoves 24 de outubro, 3º e 4º de EP visitaron fomos ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela.O motivo da saída era aprender ,máis sobre o que estamos a traballr nas materias de Ciencias da Natureza e Sociais. Cando chegamos, recibíronnos cun obradoiro.

Logo, na sección de animais, ensináronnos os ecossitemas. Había un montónde animais disecados: leóns, canguros, cervos, osos, caimáns... De feito, enmsináronnos os cinco reinos: animais, plantas, fungois, bacterias e algas. Como curiosidade, alagúns animais levaban alí200 anos.

Tamén fomos as seccións de rochas e minerais. Había moitísimos, era moi curioso. Logo visitamos unha mina (era unha simulación). Había unha sección de meteoritos que impactaron contra a terra( pero eran fragmentos pequenos porque se desistengraron no seu paso pola atmosdfera).

Foi moi interesante. Estamos desexando volver. Recoméndamolo para todas as idades, ídelo pasar moi ben. Foi xenial e os monitores foron moi agradables."

Texto feito por alumnado de 4º.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.



page | by Dr. Radut