A Consellería de Educación acaba de publicar o a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso escolar 2019/2020.
PRESENTAMOS A INFORMACIÓN MÁIS IMPORTANTE:
- FONDO DE LIBROS: Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
- AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial.
- AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL: Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial , é dicir, todo o alumnado do centro.
OS DOCUMENTOS QUE HAI QUE PRESENTAR SON OS SEGUINTES (segundo o caso particular de cada familia)
- ANEXO I e II da mesma convocatoria (que podedes recoller no centro ou descargalo de edu.xunta.gal ou da Sede Electrónica da Xunta: modelo ED330B.)
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computable.
- Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que no pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitado.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Portal electrónico de Educación: edu.xunta.es/fondolibros
- Sede Electrónica da Xunta
- Centro educativo
PROCEDEMENTO:
- Publicación de listas provisionais: 8 de xullo
- Periodo de reclamacións: 9 - 10 xullo
- Publicación de listas definitivas: 12 de xullo para E. Primaria e 13 de setembro para ESO.
NOTA: UNHA VEZ QUE SE PUBLIQUEN AS LISTAS DEFINITIVAS, AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA PODEREDES PASAR POLO CENTRO RECOLLER OS VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL E DE LIBROS DE TEXTO.