Taboleiro
RESUMO DE ACTIVIDADES DO CURSO 2011-2012
Enviado por admin o Mar, 17/07/2012 - 12:55Con motivo do fin de curso 2011-2012, imos facer unha revisión das actividades que se realizaron no noso centro das que non fixemos aínda reportaxe: 1.- Recollida de Tapóns : DIOGO Alumnado e profesorado do CPI de Ares participaron neste curso na campaña de reunir Tapóns, para que o neno, Diogo Farinhoto, poda ter unha prótese ortopédica. A mediados de xuño entregáronse os tapóns en Narón a José Rivas, que é o encargado.
Os alumnos do 3º ciclo fomos a Barallobre ao parque móvil.Pasámolo moi ben
Tamén fixemos una visita ao Museo do Humor en Fene.
Damos as gracias a ANPA e a Policia Local de Ares. Despois dunhas charlas de ed. Vial leváronnos as prácticas a Barallobre. Podedes ver que somos bos conductores. (Abril 2012).
3.- O NOSO XARDÍN
TUNEANDO a ENTRADA DE PRIMARIA
Enviado por admin o Lun, 18/06/2012 - 18:12O alumnado do 1º Ciclo de Primaria xunto coas súas profesoras, propuxéronse tunear adecentando así a entrada de Primaria.
Podedes ver unha pequena mostra coas fotos do alumnado de 1º EP A, dirixidos pola profesora Amelia, en pleno traballo .
CALENDARIO FIN DE CURSO 2011-2012
Enviado por admin o Xov, 14/06/2012 - 13:42No arquivo adxunto podedes ver a organización fin de curso 2011-2012:
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2012-2013
Enviado por admin o Xov, 14/06/2012 - 13:28Os prazos de formalización de matrícula son:
- Do 20 ao 30 de xuño - Infantil e Primaria
- Do 25 ao 10 de Xullo- Secundaria (agás os que teñen materias pendentes para setembro: do 1 ao 12 de setembro).
Lugar: Oficina Administrativa . Días lectivos de 9:30 a 13:00h
Documentación:
- Sobre de matrícula (recoller no centro)
- Unha fotografía tamaño carné (en infantil de 3 anos serán 2) co nome e apelidos por detrás.
- O alumnado que se matricula en 3º e 4º de ESO copia do ingreso na conta NovaGalicia Banco nº 2080-5609-92-3040000849 de 1,12 euros correspondente ao seguro escolar
Os documentos da matrícula tamén podedes descargalos dos arquivos adxuntos:
ENCONTRO de alumnos de MÚSICA de ESO en NARÓN
Enviado por admin o Mér, 13/06/2012 - 09:18O 24 de maio, os alumnos de 3º ESO A e algúns de 4º, participaron no 1º Encontro de Alumnos de Música de Secundaria que se celebrou durante a mañá no auditorio de Narón.
Tedes máis información no blog de normalización lingüística: http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/
PREMIOS "CANGURO MATEMÁTICO"
Enviado por admin o Ven, 08/06/2012 - 14:25Os gañadores desta edición do "Canguro Matemático 2012", a nivel do noso centro, CPI Conde de Fenosa" son:
- Bran Rodríguez Sampedro (3º ESO B)
- Julián Sixto Sánchez (3º ESO B)
O concurso tivo lugar o día 15 de marzo e consistía na realización dunha proba tipo test de 30 cuestións matemáticas por niveis.
Participaron 46 alumnos/as de todo o centro, dos que obtiveron a máxima puntuación Bran e Julián, que serán obsequiados cun lote de libros cada un.
¡ Noraboa a os gañadores e tamén a todos os participantes, e que sigades tendo tanta interese e curiosidade polas matemáticas!.
O CPI "CONDE DE FENOSA" GAÑADOR PROVINCIAL DO 28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE
Enviado por admin o Xov, 19/04/2012 - 12:09O grupo de 2º da ESO composto pol@s alumn@s: Judith Rouco Filgueiras, Antonio Lemos Margaretto, Laura Pita Sánchez, Lucía Rodríguez Buyo, Felipe Oltra Crespo, Daniel Domínguez Leira y Ainhoa Somorrostro Fernández gañaron cun videoreportaxe o 28 Concurso Escolar organizado pola ONCE a nivel provincial co lema de "Fai o teu barrio accesible". Posteriormente, pasarán a unha fase autonómica e logo á fase nacional.
Parabéns a todos e a seguir cosechando os froitos do voso traballo .
Podedes ver toda a información no blog de Dinamización lingüística:
http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/
TEATRO NO NOSO CENTRO
Enviado por admin o Mar, 17/04/2012 - 09:49O alumnado de 3º de ESO- PDC, participou na representación dunha obra de Teatro (versión da "CINCENTA" ) para os compañeiros máis pequenos do centro. A obra foi preparada pola profesora de Lingua Castelá: Aida Rodríguez e o coro no que participou alumnado de 3º e 4º ESO preparado e musicado pola profesora de Música: Teresa Frieiro.
O noso alumnado participou nunha sesión de teatro moi divertida, e foi un punto de encontro máis entre os maiores e os pequenos do noso centro, resultando unha xornada moi agradable.
Podedes ver a representación no seguinte enlace ou ben no blog de Dinamización lingüística "Tesmoitalingua":
http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/
Parabéns para todos e a seguir traballando así de ben.
DÍA DA ÁRBORE
Enviado por admin o Mér, 28/03/2012 - 10:07DÍA DA ÁRBORE
O pasado día 21 de marzo o alumnado de 1º ESO xunto con os de 3º ESO DC participaron nunha plantación de árbores, cerdeiras. Esta actividade foi organizada pola ANPA en colaboración co Concello e CPI.
A plantación tivo lugar na pista de padel, 12 cerdeiras que recibiron nomes femininos todas elas, vinculados a Ares coma:Catalina, Olalla, Hermelinda, Ciscada, Alianza Aresá, Aurora , Mirandas, Bailadora, Redeira.. Ao remate da plantación cantaron, acompañados pola banda de gaitas de Ares, o Himno a Árbore.
ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS DA ESO
Enviado por admin o Mar, 27/03/2012 - 14:10PREMIO NO "XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS"
Os gañadores da vixésima edición do “Rallye Matemático sen Fronteiras”, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), son 13 alumnos de 3° de ESO do Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.
Os 13 estudantes de 3° ESO-B do CPI Conde de Fenosa foron os gañadores do xa tradicional Rallye Matemático celebrado en Galicia e norte de Portugal. A proba realizouse o pasado 19 de marzo e consistía en resolver de forma grupal durante 1 hora seis problemas matemáticos.
O galardón o compartirán cun grupo de 4º ESO do CPI de Zas. Como recompensa, a organización concederalles unha dotación económica de 3.000 euros doados pola Consellería de Educación e Educa Barrié para sufragar os gastos da viaxe a Toulouse, en Francia, onde se celebrará,o próximo 1 de xuño, á gran final, na que competirán contra estudantes doutros países.
Con esta actividade Agapema pretende favorecer o traballo en equipo entre os estudantes de Secundaria, revalorizar a imaxinación e a creatividade destes xóvenes e facer vivir as matemáticas a través de situacións orixinais.
Os alumnos gañadores coa profesora: María Segura Torres
ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS Durante estos días o alumnado do CPI Conde de Fenosa participa en 2 competicións matemáticas: O día 15 de Marzo, 46 alumnos realizaron as probas do XIX CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO 2012 que consta de 30 preguntas tipo test realizadas individualmente. O día 19 do mesmo mes, tres gruposde 2º ciclo de ESO participan no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS , que organiza a sociedade matemática AGAPEMA. No Rallye todo o equipo resolverá nunha hora 6 problemas. Os conscursos e competicións matemáticas teñen unha grande acollida entre o alumnado deste centro educativo, como poido comprobarse có éxito na I SEMANA PROBLEMÄTICA organizada polo Departamento de Matemáticas celebrada ba última semana de febreiro. Por iso a todo o alumnado dámoslle os nosos parabéns.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »