Taboleiro
AGRADECEMENTO AO CPI E ÁS FAMILIAS E CONCELLO DE ARES
Enviado por admin o Lun, 26/01/2015 - 10:53Aprezado alumnado, profesorado do CPI, familias e Concello de Ares:
Dende a Dirección queremos agradecervos a vosa entrega e demostración de solidariedade que cada curso escolar demostrades coa participación cada vez maior nas campañas propostas, especialmente na Carreira Km. de Solidariedade, programa de educación en valores colaborando coa ONG "SAVE THE CHILDREN".N o presente curso académico participou por primeira vez todo o alumnado e profesorado do centro.
Tamén vos deixo a carta de agradecemento enviada pola Organización, no seguinte enlace:
Podedes ver os vídeos demostrativos da xornada celebrada o pasado 18 de decembro de 2014 no seguinte enlace:
http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2014/12/exito-da-iv-carreira-quilometros-de.html
Parabéns a tod@s e grazas de novo pola vosa implicación e colaboración.
RESUMO DE ALGUNHAS ACTIVIDADES DO CURSO 2013-2014
Enviado por admin o Mar, 15/07/2014 - 11:51A Dirección do CPI Conde de Fenosa desexa a toda a comunidade educativa do centro (Alumnado, familias e profesorado) unhas felices e gratificantes vacacións. O descanso é ben merecido polo traballo ben feito durante o curso, mostra diso son os seguintes vídeos que amosan diferentes actividades levadas a cabo ao remate de curso
Excursión de alumnado de 6º E,P, á granxa -escola en Castropol (Asturias). (cunha carta emotiva de despedida do alumnado ao profesorado, pódese visualizar no blog da Biblioteca: Carabela de Ares)
E outras realizadas no centro como:
Obra de Teatro : O Incrible neno devorador de libros (representada polo alumnado da ESO para o alumnado de Infantil)
Roteiro Ares-Chanteiro : (Todo o alumnado e profesorado da ESO)
GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCABARRIÉ "XEOMETRÍA DA NATUREZA"
Enviado por admin o Mér, 11/06/2014 - 11:07¡¡¡¡GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCABARRIÉ “XEOMETRÍA DA NATUREZA”!!!!
O noso alumnado de 3ºB e 4ºA e B acadaron (xunto co Colexio Martín Códax) o premio do Concurso “Xeometría da Natureza”, que consistía en analizar dúas fotos proporcionadas pola organización, atopando nelas patróns xeométricos e matemáticos, para despois plantexar hipóteses biolóxicas deses patróns.
Foi un traballo en equipo cunha primeira etapa de visualización de vídeos sobre a presenza das matemáticas na natureza, para logo facer debates sobre os patróns atopados e as hipóteses das devanditas fotos.
O alumnado participou de xeito moi activo e fixo un bo traballo. Parabéns a eles!!!!!
Nos seguintes enlaces poderedes ver os resultados:
http://xeometriadanatureza.educabarrie.org/portfolio-items/coa-casa-ao-lombo/
http://xeometriadanatureza.educabarrie.org/portfolio-items/flor/
GAÑADORES DO CONCURSO PROVINCIAL DA ONCE
Enviado por admin o Mar, 29/04/2014 - 09:59O alumnado de 3º ESO do noso centro escolar resultaron gañadores no Concurso Provincial da ONCE. Dende a Direcciáon do CPI agradecemos o traballo realizado tanto polo profesorado como polo alumnado (grandes artistas) e seguimos mantendo a ilusión no traballo ben feito defendendo o ensino público.
Este ano co lema de "O Día da ilusión”, invítasenos a reflexionar sobre ela como motor da sociedade que nos empurra a superarnos, a perseguir as nosas metas, proxectos e soños. Para elo se nos pedíu que desenvolvéramos un spot publicitario que mostre por que é tan importante protexela e difundila. E os alumnos e alumnas da ESO puxeronse mans a obra.
A visualización dos diferentes traballos quedan reflexados no seguinte enlace:
http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2014/03/o-dia-da-ilusion-30-concurso-escolar.html
Aquí tedes o precioso vídeo gañador:
EXPOSICIÓN METEROLOXÍA
Enviado por admin o Lun, 28/04/2014 - 11:10Debido á celebración do día mundial da Metereoloxía (21 de marzo) no centro realizáronse 2 exposicións de material bibliográfico cedido pola Biblioteca e diversos departamentos como o de Francés, así como a Coordinación do Plan Proxecta: Meteoescolas.
No seguinte enlace podedes visualizar estas exposcións que rematan no día de hoxe 28 de abril.
REVISTA ALBARES
Enviado por admin o Xov, 24/04/2014 - 09:30Comezamos coa elaboración da 3ª edición da Revista Albares, CONVIDAMOS a toda a Comunidade Educativa a que colabore no seu contido.
As colaboracións entregaranse ao profesorado que forman parte do Equipo de Dinamización Lingüística (Maica, Chicha, Conchi, Yolanda, Ana e Blanca) ou ben, os que tedes conta @cpiares.com, subilas á carpeta compartida no Google Drive.
O prazo de entrega de calquera aportación remata o 15 de maio.
O EDLG agradece as vosas achegas.
CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO
Enviado por admin o Mar, 01/04/2014 - 10:20No BOE nº 79 de 1 de abril de 2014 publícase a Resolución deo19 de marzo de 2014 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para aprticipar no Programa "CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO" para alumnos de secundaria- 4º ESO e bacharelato no 2014.
Máis información no arquivo adxunto e no seguinte enlace:
CONCURSO PORTADA DE LIBROS
Enviado por admin o Xov, 13/02/2014 - 20:15O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar (Carabela) do noso centro organizan un concurso de "Portada de libros" para fomentar a lectura en galego e a capacidade creativa do noso alumnado.
Animamos a participar a todo o alumnado.
Podedes descargar as bases no seguinte enlace:
PLAN CONSUMO DE FROITAS FRESCAS
Enviado por blancacortizas o Lun, 10/02/2014 - 13:08No presente curso escolar, foi aprobada a nosa solicitude do Plan de Consumo de froitas frescas, subvencionada polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), Consellerías de Sanidade e a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 23 de setembro de 2013 (DOG 185 venres 27 de setembro). nas seguintes semanas:
-
Semana do 3 ao 7 de febreiro.
-
Semana do 10 ao 14 de marzo.
-
Semana do 5 ao 9 de maio.
Polo tanto, repartiremos nos recreos de cada día unha froita segundo á época : plátanos, melocotóns, mazás, peras, ....
-
O reparto será para todo o alumnado agás os que teñan intolerancia á frutosa ou outro problema médico que lle impida ese consumo(diabetes…).
( Teñan en conta este dato á hora de enviarlles a merenda)
Na semana do 3 ao 7 de febreiro foron repartidas as seguintes froitas: Mazá, plátano, mandarina, pera e mazá; cunha grande acollida por parte do alumnado.
SEMANA PROBLEMÁTICA
Enviado por blancacortizas o Lun, 10/02/2014 - 12:56
CONCURSO:
III SEMANA PROBLEMÁTICA
CPI CONDE DE FENOSA
del 17 al 21 de Febrero
Normas del concurso:
-
El concurso consiste en resolver un problema matemático cada día. Los enunciados de los problemas aparecerán a primera hora en el tablón de entrada (del alumnado) y en cada una de las aulas. Los podréis resolver a lo largo de la mañana y depositar la respuesta, junto con el procedimiento seguido, en la urna que habrá en el hall del centro.
-
En cada hoja que depositéis en la urna debe aparecer obligatoriamente: título del problema, nombre, apellidos, curso y grupo del alumno/a.
-
En la urna sólo podrán depositarse la resolución del problema de ese día, nunca de otro día anterior.
-
Las soluciones a los problemas se publicarán al día siguiente de su planteamiento.
-
Premios: Cada día habrá un premio para el ganador/a y su nombre será publicado la semana siguiente a la finalización del concurso. En el caso de haber más de un ganador/a un mismo día, se sorteará el premio entre ellos/as (limitado a un premio por persona, excepto que sea el único ganador/a del día).
¡ANÍMATE Y PARTICIPA!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »