CONCURSO : "UN DEBUXO PARA ROSALÍA"

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Este ano é un pouco especial por mor das restricións sanitarias, pero iso non vai ser un atranco para que lembremos, como todos os anos a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal (lembrade que ata unha estrela leva o seu nome e a compañía noruega Norwegian Airlines puxo a súa imaxe a un dos seus Boeing 737-800).

 

Por iso imos poñernos mans a obra. Xa sei que nos distintos cursos estanse a facer moitas cousiñas: vídeos, recitado de poemas, murais....

Desde aquí animámosvos tamén a que fagades os vosos debuxos sobre Rosalía e a súa obra para presentar ao concurso “Un debuxo para Rosalía", que convoca o Concello de Ares a través da concellería de Cultura e no que colabora o noso centro.

Aquí deixamos o cartel coas bases.  Chegado o día, faremos a difusión de todos os traballos realizados no cole para lembrar á nosa Rosalía.