Instrucións e anexos para a solicitude de máscaras para o alumnado

DISTRIBUCIÓN DA MÁSCARAS AO ALUMNADO

 

Este proceso estará regulado pola Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG. nº 230 13/11/20).

 

DESTINATARIOS:

Alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria que pertenza a unidades familiares cunha renda per capita igual ou inerior a 6.000 euros no exercicio de 2018 ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES:

1.- O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar no curso 2020-21 (actual), non terá que presentar solicitude.

2.- O resto de alumnado que cumpra cos condicións de renda e/ou discapacidade antes sinaladas presentará unha solicitude por medio dos proxenitores ou titores legais mediante o formulario normalizado.

O impreso de solicitude obterase no centro docente, no portal educativo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electronica da Xunta https://sede.xunta.gal.

 

PRESENTACIÓN:

O prazo de presentación será de 10 días hábiles; é dicir, ata o 25 de novembro inclusive.

As solicitudes presentaranse no centro e estarán acompañadas da documentación seguinte:

a) Anexo II debidamente cuberto e asinado.

b) Copia do libro de familia onde figure o/os alumnos/os e os demais membros computables. Se algún membro computable non figurase no mesmo, poderase acreditar mediante o certificado ou volante de convivencia ou mediante informe dos Servizos Sociais do Concello.

c) En caso de separación ou divorcio a sentenza e/ou convenio regulador onde figure a custodia do menor.

d) Certificación da discapacidade do alumno/a ou dalgún familiar, se no é da Xunta de Galicia.

e) Documentación acreditativa de violencia de xénero, se houbese.

Esta documentación non será necesaria se xa foi presentada no seu día para a xuda de libros no curso 2020-21.

A documentación será a correspondente aos datos a 31 de decembro de 2018 e presentarase orixinal e copia para o seu cotexo.

 

Ares, 13 de novembro de 2020.

 

A DIRECTORA

AdxuntoTamaño
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf140.97 KB
INSTRUCCIÓNS ORDE MÁSCARAS definitivo asinado.pdf209.18 KB