NORMAS, PLANOS, SAÍDAS E USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR

 

PROTOCOLO FUNCIONAMENTO COMEDOR ESCOLAR

O día 9 de setembro na reunión ordinaria do C.E. consideramos que, debido ao poco tempo(1h) e a separación que ten que gardar o alumnado da ESO,

hai que reorganizar a listaxe provisional  da seguinte forma:


O alumnado usuario de comedor escolar será incorporado ao centro baseándonos nos criterios establecidos na lexislación vixente, considerando a situación

excepcional deste novo curso, vai priorizar o seguinte:

 

  • O alumnado de Infantil e Primaria, ao ser grupos estables de convivencia, se incorporarán seguindo os criterios de preferencia establecidos na lexislación vixente:

    • Alumnado usuario do curso anterior

    • Alumnado usuario de transporte escolar

    • Alumnado nunha situación máis vulnerable ou con discapacidade.

    • Alumnado de Familia Numerosa

    • Alumnado con situación familiar de incompatibilidade horaria

 

Ao non poder incorporarse todo o alumnado solicitante e, no caso de empate na mesma situación, tívose en conta os seguintes criterios:

 

  • Formar parte da mesma unidade familiar.

  • Por nivel de renda familiar.

  • Por discapacidade dalgún familiar.

  • Pola letra do primeiro e segundo apelido segundo a  establecida pola Administración .

 

No caso de incompatibilidade horaria considérase que por circunstancias de autonomía persoal o alumnado de Infantil , primaria e 1º e 2º ESO terá

preferencia ao de 3º e 4º ESO, por esa orde.

 

  • No caso do alumnado da ESO entran pola orde anterior pero como  teñen que manter a distancia interpersoal de 1,5m e, debido á capacidade do

Comedor, reducirase o nº de usuarios polo que no presente curso académico soamente pode incorporarse o alumnado ata os 40 que é a capacidade máxima do comedor.

A listaxe definitiva  é de 151 alumnos: 111 de EI e EP e 40 de ESO

 

  • Unha vez analizadas, as solicitude de baixa de usuarios, por diferentes motivos, publícase a listaxe definitiva (Anexo II) e quedan fóra desa listaxe 55 alumnos que son:
    • 25 de EI e EP que non alegaron nada na solicitude e que son de nova incorporación . Destes hai 13 que xa foron usuarios do curso anterior

            pero porque había prazas libres outros anos e 12 que o solicitaron este curso.

    • 30 de ESO  dos apartados 4 (incompatibilidade horaria) e 5 (outro alumnado que entrou nos cursos anteriores por non haber prazas vacantes) por non ter máis espazo , nin tempo dispoñible.