PRESENTACIÓNS E REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO
Prezadas familias e alumnado, BENVIDOS ao novo e incerto curso escolar!
Ante a situación que estamos a vivir no Concello, por precaución e pensando na seguridade de todos, vémonos obrigados a suspender as reunións que tiñamos previstas.
Desde esta páxina web iremosvos informando de posibles cambios nos días de comezo de curso escolar.
Estamos traballando co Protocolo de adaptación á situación COVID-19, novas normas de funcionamento, que esperemos podelo presentar a partir do 8 de setembro. O noso obxectivo principal é garantir o benestar de toda a Comunidade Educativa. Queremos transmitirvos CONFIANZA nas novas normas establecidas. Recibiredes toda a información cada día, e contestaremos ás vosas dúbidas a través dos medios que temos: teléfono, correo electrónico e espazo abalar. Por favor tedes toda a información no enlace seguinte, ide picando nos enlaces de cada páxina de cada Plan para ver todos os documentos informativos.
- PRESENTACIÓN DO PLAN DE ACOLLIDA NO CPI AS MIRANDAS
- Se non podedes visualizar a presentación anterior podedes picar na seguinte imaxe que marca as entradas no centro:
Agradecemos a comprensión de todos. Moito ánimo e moita saúde!
É preciso que as familias realicen a enquisa de autoavaliación do alumnado e o documento de cómo proceder facendo click nas seguintes imaxes cada día antes de vir ao cole:
AVISO IMPORTANTE:
Debido ás modificacións por parte da Consellería o inicio do curso na ESO se retras unha semana polo tanto as novas datas das presentacións serán:
- 1º ESO e 2º de ESO, o día 23 de setembro
- 3º ESO o día 24 de setembro
- 4º ESO o día 25 de setembro
A partir do 28 de setembro podemos considerar o inicio do curso escolar para todo o alumnado do CPI As Mirandas.
Unha aperta e saúdos virtuais,
O equipo directivo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrucion_ADIC_2-2020_Comedor_Xestion_Directa.pdf | 491.73 KB |