INFORMACIÓN SOBRE AS MATRÍCULAS PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021
MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-21
AVISO IMPORTANTE:
O horario da oficina administrativa para atención ao público no mes de xullo será de 10:00 ás 13:30h.
INFANTIL E PRIMARIA:
- PRAZO: Do 01 ao 10 de xullo, só para o alumnado de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).
- O día preferente é o xoves, día 2 de xullo.
- DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula a recoller no centro, a partir do día 22.
SECUNDARIA:
- PRAZO: Do 01 ao 10 de xullo (os/as que superen todas as materias ou promocionen ou titulen en xuño)e do 1 ao 10 de setembro (os/as que realicen a avaliación extraordinaria de setembro).
- Os días preferentes son:
Mércores 1 de xullo: 4º de ESO
Venres, 3 de xullo: 3º de ESO
Luns. 6 de xullo: 2º de ESO
Martes 7 de xullo: 1º de ESO
AVISO ÁS FAMILIAS E ALUMNADO DE ESO: Debido á situación do estado de alarma vivida co COVID a Consellería de Educación conxelou o procedemento de apertura de novas seccións bilingües, polo que no vindeiro curso académico non podemos ofertar as que tiñamos pensado e informado ( novas en matemáticas e música), Soamente ofertaranse as que xa temos aprobadas: Plástica en 5º EP e Música en 1º e 3º de ESO.
- DOCUMENTACIÓN:
- Sobre de matrícula con todo cuberto e asinado (Recoller no centro a partir do 22).
- Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.
- Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta 2080-0211-61-3040003372de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)
- Fotocopia do DNI.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:
A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou na web do mesmo), que se entregará cuberta entre o 01 e o de 10 de xullo, para todos/as independentemente de cando se faga a matrícula.
IMPRESO PARA A SOLICITUDE DE SERVICIOS COMPLEMENTARIOS
VARIACIÓN DE DATOS:
Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais, ou viveversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.
Tamén se houbo variación nos datos persoais (dirección, teléfono situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 2020-2021
Nos seguintes enlaces podedes descaragar o listado de libros de texto e o material para o vindeiro curso académico :
- LISTADO DE LIBROS DE TEXTO (modificado o 22 de xuño por incorporación dun novo libro en 4º de ESO)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Impreso comedor 2020-21.pdf | 171.49 KB |