PARTICIPAMOS NO CONCURSO PILABOT!

FIN DO PRAZO PARA A RECOLLIDA DE PILAS: 17 DE XANEIRO 2019

 

A Dirección do CPI As Mirandas anima a toda a Comunidade Educativa a participar no Concurso de recollida de pilas e acumuladores!!! Por iso o

ALUMNADO DE 1º E 3º DA ESO FIXERON CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN PARA RECICLAR

 


Este curso o noso centro está inscrito noConcurso PILABOT, para fomentar a recollida de pilas e acumuladores portátiles entre toda a Comunidade Educativa. Así alumnado de 3º e 1º de ESO estiveron a facer Campaña de Sensibilización en todos os cursos co propósito de concienciar e fomentar a reciclaxe. Todos os nenos e nenas recibiron información sobre a campaña e levaron para a súa casa unha pequena caixa contedora para recoller as pilas e acumuladores usados. Animamos a todos a colaborar coa reciclaxe xa que necesítase a colaboración de toda a sociedade.


Para que as túas pilas usadas poidan ser recicladas, é preciso:
 
  1. Realizar unha recollida selectiva dentro do fogar, apartando as pilas do resto de residuos.
  2. Levar as pilas usadas a un contedor especial que podemos atopar no noso centro educativo, centros públicos como o Concello, comercios ou puntos limpos.

  O QUE NON DEBEMOS FACER
Nunca debemos tirar as pilas usadas co resto do lixo ou, o que é aínda peor, arroxalas sen control.

Neste enlace  http://pilabot.gal/recicla-con-enerxia/ podedes informarvos de cousas moi interesantes sobre: que é unha pila,como funciona,que facer coas pilas usadas, en que consiste o proceso de reciclaxe e moitas cousas máis.

Aquí vemos aos alumnos e alumas de 1º e 3º de ESO facendo a Campaña de Sensibilización.