I XORNADAS DE RCP E PRIMEIROS AUXILIOS DIRIXIDAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
I XORNADAS DE PRIMEIROS AUXILIOS E RCP NA AULA do CPI As Mirandas organizadas polo Departamento de Educación Física.
Durante este mes o profesor de Educación Física, Carlos Bacelo, aborda os contidos curriculares sobre Primeiros auxilios e Reanimación Cardiopulmonar ao alumnado da ESO, e rematará coas I Xornadas que se organicen ao respecto, neste centro educativo, durante a Semana do 26 ao 30 de novembro.
O resume destas xornadas podedes velo no seguinte vídeo:
TODA A INFORMACIÓN DAS XORNADAS
Dirixido a toda a comunidade educativa, dende a Dirección anímase a participar!!!
O DÍA 28 de novembro de 16:30 ata 17:30h as familias poderán recibir esa formación polos residentes do Sergas; a Dirección do CPI As Mirandas agradece a colaboración dos residentes e solicita ás familias que participen na formación e avisen previamente ao centro cubrindo o formulario ou ben enviando confirmación ao correo electrónico (cpi.asmirandas@edu.xunta.es).