ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º ESO EN STEM EN LINGUA INGLESA NO VERÁN 2018

 

     No DOG do martes 12 de xuño publicáronse as bases e convocan axudas, en réxime de  concorrencia           competitiva, para a realización das actividades de formación, dirixidas á mellora das   competencias en     lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia,   Tecnoloxía, Enxeñaría     e Matemáticas)  do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria   obrigatoria matriculado en centros docentes   públicos en Galicia, durante o verán 2018.

 

      1. As quendas, lugar de celebración, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as                          actividades que se convocan son:
 
      Quenda  Lugar         Datas                                            Idioma   Nº de alumnos/as  Curso
     1ª   CDR   A Coruña 26 agosto-1 setembro de 2018    Inglés           100                3º ESO
      2ª   CDR  A Coruña 2-8 setembro de 2018                   Inglés           100               4º ESO
   

    O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial  Docente, Burgo-Acea           de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao  sábao seguinte.

         En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá   o sábado entre     as  12:00 e as 13.30 horas. As familias ou titores legais dos menores serán   os responsables de levar e recoller  o alumnado ata o lugar de realización da actividade, e   os gastos que isto ocasione serán a cargo deles. O resto   das actividades será gratuíto para   o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

 

  Persoas beneficiarias e requisitos
  1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que    cumpra os seguintes requisitos:
  a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros sostidos con fondos públicos que     impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na  Comunidade Autónoma de Galicia. 
  b) Ter superadas todas as materias no curso 2016/17. De ser adxudicada unha praza obxecto desta           convocatoria a un/unha alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas  todas as materias do curso 2017/18,   deberá renunciar a ela. 
  c) Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.  
  d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. 
    e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de       xuño, de subvencións de Galicia.
    f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de 
    identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 
    14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento 
     identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

 Solicitudes, presentación e prazo

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes (13 de xuño ao 12 de xullo), contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia  

MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE AO DOG