PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DESPOIS DA 2ª FEIRA DENDE ARES CARA AO MAR
Enviado por admin o Mar, 22/05/2018 - 10:23
Excelente traballo do profesorado, alumnado e persoal non docente do centro!
Parabéns a todos os que de algún xeito participaron, colaboraron e fixeron que este día 21 de maio resultara unha xornada moi emotiva, festiva, de convivencia e espectacular tanto polos participantes como polos visitantes.
Na feira observouse a gran labor en cada un dos stands representados. como por exemplo.
- o alumnado da materia de economía realizou un excelente prooxecto elaborando un mapa guía interpretativo de recursos etnográficos, históricos e naturais do Concello de Ares e organizando os roteiros pola vila, moi ben guiados e explicados a todo o alumnado e profesorado de ESO;
- escoitamos a un grupiño de músicos (alumnado de ESO) que nos amenizaron toda a xornada,
- os proxectos, Amares e AMAR A MARES, do alumado de primaria onde se destacaba a importancia da conservación dos recursos mariños e as lendas sobre sereas, diferentes xogos, obradoiros....
- Habitantes do mar, Acuario e Cicloda auga, do alumnado de infantil.
- Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra realizaron eses obradoiros de robótica- unha delicia para o alumnado e visitantes, e que ben o pasaron-
- a exposición de fotografías donadas por Suso Fariña e photocall
- os stands das asociacións deportivas de Ares (clube de remo, a Asociación cultural e deportiva SKUBA, a Windsuf zona norte), coordinados pola concellería de turismo,
- Manolo Cainzos nos ensinou a facer nós mariñeiors e coser rede,
- a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa peculiar muiñeira global foi cedido por uns amigos de Ares
- Dani Magariños por esa mostra de aparellos mariñeiros,
- o stand de Unha cura para Adri no que todos os comercios locais colaboraron desinteresadamente aportando o seu gran de area para o sorteo dos premios.
Moitas grazas a todos eles e, por suposto, ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao longo da xornada: ao Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, ao inspector de educación Manuel Trigás, a José Antonio Sordo do CFR de Ferrol, ao alcalde Julio Iglesias, ao resto de concelleiros da nosa vila, aos representantes da asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado e persoal do CPI As Mirandas
Nos seguintes enlaces podedes ver unha pequena mostra:
»