ACTIVIDADES DO NOSO CENTRO RELACIONADAS CO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Na semana do 5 ao 9 de marzo o CPI As Mirandas participou en  varios actos, traballos, exposicións e unha marcha en colaboración coa Concellería de Igualdade de Ares para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 marzo).

Nos seguintes enlaces podedes observar as diferentes accións levadas a cabo:

 

 

  • MULLERES QUE FIXERON HISTORIA  (Actividades realizadas polo alumnado do centro para honrar a  diferentes mulleres que fixeron historia nos diferentes ámbitos da vida).

 

  • HOMENAXE ÁS MULLERES DE ARES  (Acto realizado na biblioteca de Ares polo alumnado de 4º de ESO acompañados co  profesorado (agradecemos a Yoli e a Anxo a súa gran  implicación no evento e no documental) e que se levou a cabo contando coa colaboración do Concello. Presentación do documental Marea de mulleres gravado polo alumnado de 4º de ESO grazas a un proxecto do Golfo Ártabaro sobre Vidas Mariñeiras e grazas, sobre todo, a esas mulleres que narraron esa etapa da súa vida (salgadura, redeiras, pescantinas...)).

     

 

Dende a Dirección se  agradece o excelente traballo do alumnado de 4º de ESO, do profesorado e das mulleres homenaxeadas.