PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE Marea de mulleres REALIZADA POLO ALUMNADO DE 4º DE ESO NO CGAI EN A CORUÑA
O pasado sábado, día 13 de xaneiro, tivo lugar a presentación no CGAI de A Coruña das curtametraxes realizadas polo alumnado dos centros educativos de Ares, Fene e Pontedeume dentro do proxecto Vidas Mariñeiras, organizado polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro do Golfo Ártabro (GALP) coa dirección dos cineastas Marcos Flórez e Xacio Baño.
Na presentación da curtametraxe, realizada polo alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas, Marea de Mulleres coa colaboración do profesorado do centro, Yoli Castro e Anxo Rajó, no CGAI en A Coruña estivo a nosa alumna, Judith Zabala Martínez acompañada da súa familia, profesora do centro Luísa Corredoira e a Directora, Blanca Cortizas.
Os traballos foron realmente emocionantes!!!