CONCURSO: "DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"
Aviso importante:
A ANPA amplía o prazo de entrega de ideas para o LOGOTIPO do noso centro ata o día 19 de
maio de 2016.
A Anpa Ramón Pimentel do CPI Conde de Fenosa xunto coa dirección do centro, tendo en conta
que os días 13,16 e 17 de maio non son lectivos, e para facilitar a presentación de propostas por parte
dos membros da comunidade educativa, acordan, en virtude do disposto no punto 6 das bases que rixen
o dito concurso, AMPLIAR O PRAZO de presentación de propostas ata o xoves 19.05.2016 ás
15:59 h.
CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE
A ANPA en colaboración coa Dirección do CPI Conde de Fenosa, convocan o concurso para o deseño do
logotipo destinado a ser a imaxe representativa do noso centro unha vez aprobado polo Consello
Escolar, Concello, visto bo da Inspección e pendente de aprobación por parte da Consellería o cambio do
nome do centro polo de CPI “AS MIRANDAS”.
Nos seguintes arquivos podedes consultar as Bases do Concurso e o Anexo I para a inscrición.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BASES CONCURSO LOGOTIPO.pdf | 134.12 KB |
FOLLA DE INSCRICIÓN NO CONCURSO LOGOTIPO.pdf | 28.87 KB |