Onde nos atopamos

O CPI As Mirandas atópase no Concello de Ares (A Coruña).

Cómo chegar

Rutas desde as cidades máis próximas

Desde Ferrol
18 km.
Tomaremos a N-651 pola Ponte das Pías ata Fene, desde alí nos desviaremos pola Lc 133 e percorreremos uns 7 km. A esta altura atoparémonos coa Lc 122 que seguiremos ata Franza e finalmente iremos pola Lc123 ata Ares.

Desde Coruña
43 km.
Dirixirémonos pola autoestrada A9 ata Cabanas, aquí tomaremos a N-651 ata chegar á encrucillada que vén das Pontes onde nos desviaremos pola Lc 22 ata o semáforo de Limodre. Tomaremos a Lc 124 ata Redes e de alí continuaremos pola CP 0401 ata Ares

Desde Santiago
86 km.
Chegaremos pola A9 ata Cabanas, onde se tomará a Lc 122 ata Limodre, aquí nos desviaremos pola Lc 124 ata Redes e finalmente a CP 0401 ata Ares.

Desde Lugo
102 km.
Primeiro tomaremos a A6, logo colleremos a A9 en dirección Ferrol e saíremos en Cabanas. Aquí tómase a N-651 ata o cruzamento que vén das Pontes onde nos desviamos pola Lc 122 ata chegar ó semáforo de Limodre. Colleremos a Lc 124 ata Redes e desde alí seguiremos pola CP 0401 ata Ares.