AXUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

    A Dirección do CPI Conde de Fenosa comunica ás familias do alumnado da ESO que saiu publicada a  Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (arquivo que se achega).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 17 de marzo ata o 16 de abril (incluído).
  • Pode solicitalas o alumnado da ESO que teña todo aprobado todas as materias do curso anterior e unha nota de lingua inglesa de Ben(1º ESO) ou 6 para os demáis.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web

AdxuntoTamaño
20150316_axudas_linguas_estranxeiras (1).pdf1.08 MB