ENTROIDO 2014
ENTROIDO 2014
Un ano mais está aquí o Entroido e coma sempre chega cos seus mandados:
- Mañá Martes, que pintáramos todos a cara, cada un como queira.
- O Mércores 26, olvidámonos da pintura da cara e colocamos adornos na nosa vestimenta.
- O Xoves 27, imos poñer algo amarelo para pedir ao sol-solete que o venres non se olvide que imos desfilar polas rúas e queremos un bo día.
O Venres 28 celebraremos a gran FESTA:
- En INFANTIL e PRIMARIA.
A festa comezará cun pasarrúas pola vila.
Saída do colexio aproximadamente ás 10:30h. continuando por:
· Avenida de Mugardos
·
Real
·
Plaza da igrexa
·
Saavedra Meneses.
A continuación os nenos/as de Infantil regresarán ao colexio e os de Primaria continuarán polas rúas.
As 12:15h, xa no colexio, os nenos/as degustarán doces típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno traia un doce típico desta época do ano nun envase que se poida tirar (papel, bolsa…) O colexio correrá cos gastos das bebidas. Todos os alumnos recibirán un paquete de caramelos doados polo Concello.
No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias
- En SECUNDARIA
A partir das 11:20h. comezará no Pabillón Polideportivo a exhibición de diferentes coreografías e bailes de disfraces.
Aproveitarase o evento para entregar os premios da III Semana Problemática, organizada polo Departamento de Matemáticas, aos gañadores de cada día.
A saída será á 13:30h (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor.
Grazas a todos pola súa colaboración.