PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co propósito de trasladar o protocolo xeral para a prevención e control do absentismo escolar e facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Podedes ler toda a información no seguinte enlace da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

 

http://www.edu.xunta.es/web/node/11632

No noso centro, temos establecido o protocolo de actuación, e informamos ás familias do seguinte:

As faltas de asistencia serán xustificadas ou non polo profesorado-titor ante a percepción ou non dos xustificantes da familia.

O alumnado entregaralle ao titor a xustificación escrita e asinada pola súa familia de cada falta de asistencia, seguindo o modelo do centro, nun máximo de cinco días unha vez incorporado ao centro onde a familia indica o motivo de asistencia, ou ben previamente se xa se coñece a ausencia (ANEXO II dos doc. de centro).

 

Faltas por enfermidade

 

Menos de 3 días

Xustificante da familia seguindo o modelo do centro e indicando as razóns.

Se hai algún exame débese incorporar un xustificante médico

A partir de 3 días

Xustificante médico:

-Se a ausencia é menor dunha semana, o xustificante médico levarase cando o alumno se incorpore ao centro.

-Se a ausencia por enfermidade se prolonga máis dunha semana, levará o xustificante ao centro para facerllo chegar ao titor/a.

 

Faltas por causa familiar

 

Ata un máximo de 3 días

Con xustificante dos pais e só cando se trate dun familiar en 1º o 2º grado

Cando estas faltas sexan numerosas ou haxa antecedentes de absentismo consentido

O titor ou a xefatura de estudos poderá requerir ao alumno unha xustificación adicional

 

Outras causas

 

Citacións de carácter xurídico ou similar

Con documento acreditativo

Tramitacións de documentos oficiais

Con xustificación escrita da oficina expendedora

Presentación a probas oficiais

Con xustificación escrita do secretario do Centro