PROXECTO METEOESCOLAS

O noso centro está participando de forma global, dende Infantil ata a ESO no Proxecto METEOESCOLAS, proxecto que desenvolveu o profesor de Física e Química, Jorge Gutierrez Maroto coas medidas de datos metereolóxicos por parte do alumnado de ESO e publicándoas na web.


Os obxectivos deste proxecto son:


- Desenvolver nos alumnos a capacidade de recoller e interpretar datos meteorolóxicos


- Poder crear e analizar as tablas cos datos recollidos, destacando os datos principais


- Publicar os datos escollidos e comunicarllos a toda a comunidade educativa na páxina web do centro, así como facerllos chegar a toda a vila, mediante a súa exposición pública.


- Ser capaces de elaborar cos datos recollidos distintos tipos de gráficas, como climogramas ou diagramas de barras, que podan ser traballados noutras áreas de coñecemento.


- Coñecer como inflúen as variacións das variables medidas no tempo atmosférico.


A maioría do alumnado e profesorado  do centro está implicado no proxecto. Cada curso ou ciclo realiza actividades relacionadas coa metereoloxía adaptadas ao seu nivel.


Podedes visualizar a continunación unha mostra do traballo realizado :


  MeteoEscolas_3ºCiclo on PhotoPeach Alumnado do 2º ciclo de primaria:


MeteoEscolas_2ºciclo on PhotoPeach


O noso proxecto en Educación Infantil, ¡ que ben traballan!: