COMEZOU "O PREGUNTÓN"
Enviado por admin o Mér, 10/04/2013 - 08:27
O pasado día 2 de abril comezou por 4º ano consecutivo o noso concurso estrela organizado pola coordinadora do EDL, Yolanda Castro.Cada semana, os martes, preséntanse 4 cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar antes do luns seguinte na furna que estará colocada no corredor, e xunto ao listado de equipos participantes e as correspondentes puntuacións.
Podedes ver toda a información no blog do EDL "Tes moita lingua" no seguinte enderezo:
http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/p/pregunton-2013.html
ÁNIMO A TODOS E TODAS E GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
»