Que mágoa!!!. É increible ver que do que un non sabe dunha persoa, ata que cando morre todo o mundo a honra.
Dona Margarita Salas, foi unha das primeiras bioquímicas que exerceu en España. Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid, publicou máis de 200 traballos científicos. Foi discípula de Severo Ochoa, co que traballou nos Estados Unidos, despois de facelo con Alberto Sols en Madrid. Casada co tamén científico Eladio Viñuela, xuntos encargáronse de impulsar a investigación española no campo da bioquímicae da bioloxía molecular.
Asturiana de seu (para nós veciña ou prima-irmá).
Pero ata os de fora a recoñecen:
en maio de 2007 foi nomeada membro
da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos,
sendo a primeira muller española da institución.
ten unha lista de premios que realmente impresiona a calqueira.
Que en paz descanse esta química xenial.