Skip to Content

Actividades e saídas. Secundaria

CONCURSO XÓVENES TALENTOS DO PREMIO DE RELATO CURTO DE COCA COLA 2014

O pasado venres 4 de abril, as alumnas de 2º ESO, Enma Calvo Enríquez, Elena Rey García, Ana Rodríguez Rodríguez e Anna Taboada Pardiñas, acompañados pola súa profesora de Lingua Castelá, Mercedes Garrote, participaron neste concurso, que tivo lugar no colexio Liceo La Paz de A Coruña.

Premede aquí para ler a noticia en El Ideal Gallego.

TEATRO EN INGLÉS EN A CORUÑA

O próximo luns 31 de marzo, os alumnos e alumnas de 1º B, 2º A e 3º e 4º ESO irán ao colexio Esclavas del S.C. en  A Coruña, para ver a obra de teatro en inglés "Derailed" a cargo de Face2Face Theatre Company

HORA SAÍDA - 10:25 h

HORA CHEGADA - 14:15 h

PROFESORES/AS ACOMPAÑANTES: Mª José Fernández,  Xabier Barba e Concha Martínez.

ORGANIZA: DEPARTAMENTO DE INGLÉS.


ENCONTRO CO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO

No marco da Semana cultural que celebramos no centro esta semana, arrancamos o luns, entre outras actividades, cun duplo encontro co escritor Francisco Castro.

En primeiro lugar, o autor mantivo un encontro coa sección de 3º e 4º ESO do Club de lectura, Coristranca, para dialogar sobre o proceso creativo da súa última novela, O corazón da Branca de Neve, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2013.

A continuación, Francisco Castro mantivo un novo encontro co alumnado de 1º ESO, lector de Chamádeme Simbad, outra novela da súa autoría moi exitosa.

Podedes ver aquí unha pequena mostra das fotos do encontro.

V SEMANA CULTURAL EN E.S.O.

 

TEATRO E VISITA CULTURAL A SANTIAGO

O próximo mércores, 12 de marzo desplazarémonos con alumnos de todos os grupos de Secundaria ata o colexio La Salle (Santiago de Compostela) para asistir a unha representación de "El perro del hortelano", de Lope de Vega. Ademáis farase unha visita á "Cidade da Cultura" (Gaiás)

Hora saída: 09:35 h

Hora chegada: 16:00 h

Organiza: Departamento de Lingua Castelá e Literatura

Profesorado acompañante: Conchi Liñares, Mercedes Garrote, Bea Villar, Xosé Manuel Pose, Concha Martínez, Pepe López,  Luis González e unha coidadora.

VISITA Á FEIRA DAS CIENCIAS NO IES ALFREDO BRAÑAS

Hoxe mércores 26 de febreiro, o alumnad@ de 4º ESO, visitará a 9ª edición da FEIRA DAS CIENCIAS, no IES Alfredo Brañas de Carballo.

Irán acompañados pola profesora Carmen Varela.

HORA SAÍDA -  11:40 h.

HORA CHEGADA - 14:15 h.

VISITA Á CASA MUSEO MANUEL MARÍA E Á CIDADE DE LUGO

Este mércores 4 de decembro, a partir das 08:45 horas, o alumnado de 3º e 4º de ESO desprazarase a Outeiro de Rei (Lugo) para visitar a Casa Museo Manuel María, o autor que dá nome á sala da biblioteca de secundaria e que foron descubrindo nas últimas semanas a partir da exposición situada no primeiro andar baixo o título "Manuel María. A palabra viva".

Ademais desta visita, o alumnado realizará unha homenaxe poético-floral a Manuel María no cemiterio parroquial do seu Outeiro de Rei natal e deseguido desprazarase á cidade de Lugo para visitar a muralla romana, Patrimonio da Humanidade.

O retorno está previsto para as 18 horas aproximadamente.

Profesorado acompañante: Mercedes Queixas, Pilar Espido e Concha Martínez.

OBRA DE TEATRO "CON SUMO GUSTO"

O vindeiro martes 26 de novembro o alumnado de 1º e 2º de ESO desprazarase ao Edificio de Servizos Múltiples municipal para asistir, de 11:30 a 12:30 horas, á representación da obra de teatro "Con sumo gusto" a cargo da compañía Dinamoteatro.


Saída do centro: 11:15 horas.

Chegada ao centro: 12:45 horas.


As profesoras Concepción Martínez, Mercedes Queixas e Bea Villar acompañarán o alumnado.

SAMAÍN 2013

A celebración do Samaín será os días 28, 29 e 30 de outubro e o EDLG en colaboración co equipo de actividades e o da Biblioteca realizará as actividades que podedes ver no seguinte arquivo.

 

VÍDEO DA SAÍDA A VIGO

Aquí podemos ver o video resumo da saída que fixemos a Vigo o 14 de maio co alumnado de 3º e 4º ESO e o club de lectura de 2º ESO, para visitar a Fundación Penzol, ter un encontro cos escritores Francisco Castro e Ledicia Costas e  visitar o Museo do Mar.

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Queixas, Pilar Espido e Carmen Varela.

Distribuir contido


by Dr. Radut