Skip to Content

Actividades e saídas. Secundaria

VÍDEO DA SAÍDA A RIANXO E PADRÓN

Aquí temos o vídeo que recolle algunhas das fotos do roteiro literario-cultural que fixo o alumnado de 3º e 4º ESO acompañado polas profesoras Mercedes Queixas, Pilar Espido e Carmen Varela, o pasado 9 de abril, visitando a Casa Museo Manuel Antonio, a Casa Castelao, a de Rafael Dieste e o Museo do Mar en Rianxo, e a Casa de Rosalía de Castro en Padrón.

 

VIAXE FIN DE ESO A ITALIA

Alumnado de 4º ESO acompañados pola orientadora do centro Oliva, realizará a viaxe de fin de ESO a Italia entre o 14 e o 20 de maio. Visitarán Roma, Florencia e Venecia entre outros lugares.

A comunidade educativa deséxalles a tod@s que o disfruten moito.

IV SEMANA CULTURAL.

CONCURSO DE XÓVENES TALENTOS DO PREMIO DE RELATO CURTO DE COCA COLA 2013

O pasado venres 12 de abril, @s alumn@s de 2º ESO, Iria Bouzas, Diego Fidalgo, Nerea Fuentefría e Julia Vila, acompañados pola súa profesora de Lingua Castelá, Mercedes Garrote, participaron neste concurso, que tivo lugar no colexio Liceo La Paz de A Coruña.

Para máis información premede aquí.

Premede aquí para ler a noticia en El Ideal Gallego.

FOTOS ENTROIDO 2013. ESO

1º PREMIO: AS DÉCADAS PRODIXIOSAS.

2º PREMIO: MARIO VAQUERIZO.

3º PREMIO: GAMBA STYLE.

Xa están na nosa GALERÍA as fotos do Entroido.

Tamén podedes ver un resumo na seguinte presentación de diapositivas de fotos.

CELEBRACIÓN ENTROIDO 2013. SECUNDARIA.

 

 

O próximo venres 8 de febreiro, celebraremos o Entroido no centro durante as dúas últimas horas de clase.

Para ver o programa de actividades premede aquí.

OUTONO FOTOGRÁFICO

Xa temos os gañadores do I Concurso de fotografía convocado polo Equipo da Biblioteca, "OUTONO FOTOGRÁFICO"

1º PREMIO - IRENE NEGREIRA POSE (4º ESO A). Título da fotografía:Cogumelos.

2º PREMIO - ÁNGELA FACAL  PENSADO (4º ESO A). Título da fotografía: Verdes.

3º PREMIO - DIEGO FIDALGO MATO (2º ESO B). Título da fotografía: Paisaxe.


Premede aquí para ver as fotos gañadoras.

Parabéns!!!

VISITA Á COCA-COLA E PATINAXE SOBRE XEO

Este mércores 19 de decembro o alumnado de 1º e 2º de ESO realizará a seguinte visita.
O de 1º ESO irá patinar de 11:00 a 12:00 á pista de xeo no Coliseum na Coruña, e despóis, se o tempo o permite, farán un percorrido pola ría do Burgo.
O de 2º ESO irá visitar a fábrica de Coca Cola, visita obrigada para participar, un ano máis, no concurso de relatos que a fundación desa empresa organiza. E de 12:00 a 13:00, irán patinar á pista de xeo.

Hora saída do Centro: 9:35

Hora chegada: 14:15. 

Profesoras acompañantes: Carmen e Mercedes Garrote (Departamento de Lingua castelá) e Susana e Elena (Departamento de Ed. Física)

ACTIVIDADES NADAL EN SECUNDARIA

Como remate da 1ª Avaliación, os próximos días 18, 19, 20 e 21 de decembro, levaranse a cabo unha serie de actividades co alumnado de ESO. (Encontro coa escritora María Solar, obradoiro coa poeta Dores Tembrás, charla sobre as fontes de enerxía, conferencia-concerto da musicóloga medieval polaca Paulina Ceremuzynska, cine, Mercadillo solidario .....)


 


Premede aquí para ver o calendario de todas as actividades.

OBRA DE TEATRO RRHH - O MÉTODO

O vindeiro martes 20 de novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO desprazarase ao Edificio de Servizos Múltiples municipal para asistir, ás 11:00 horas, á representación da obra de teatro RRHH - O Método a cargo do grupo O Aturuxo de Melpómene.

 

 

As profesoras Begoña de Blas, Carmen Aneiros, Concepción Martínez e Mercedes Queixas acompañarán o alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut