Skip to Content

Actividades e saídas. Secundaria

SAÍDA DIDÁCTICA A LUGO

Este mércores 18 de abril o alumnado de 1º de ESO viaxará á cidade de Lugo para visitar a muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000, un espazo histórico emblemático en que se ambienta a lectura que realizaron ao longo do segundo trimestre, Lu e Go pola muralla. Guiará a visita o seu autor, Antonio Reigosa, que tamén acompañará a visita ao Museo Provincial.

Esta saída didáctica, que se prolongará desde as 8:45 até as 17:00, será acompañada polas profesoras Ana Fraga, Concepción Martínez e Mercedes Queixas.

FRANCISCO CASTRO VOLVE A VISITAR O NOSO CENTRO

O martes 10 de abril ás 10:30 o narrador Francisco Castro visitará o noso centro para manter un encontro co alumnado de 3º ESO, lector da novela O segredo de Marco Polo, e mais cos membros do club de lectura de 1º e 2º ESO que, no pasado trimestre, descubriron a novela Chamádeme Simbad.

                                                       

VISITA Á FEIRA DAS CIENCIAS NO IES ALFREDO BRAÑAS

Hoxe martes 29 de febreiro, o alumnad@ de 4º ESO, visitará a 7ª edición da FEIRA DAS CIENCIAS, no IES Alfredo Brañas de Carballo.

Irán acompañados polas profesoras Carmen Varela e Concha Martínez.

HORA SAÍDA -  12:00 h.

HORA CHEGADA - 14:15 h.

24 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 1º e 2º ESO.

Despois de disfrutar dun vídeo sobre a súa biografía e bibliografía, baixamos ao patio para ler en voz alta varios dos seus poemas, para deseguido soltar globos, cada un deles cun poema no interior e que foron directos ao ceo. Ademáis nos recreos e nos intercambios de clase podíanse escoitar poemas musicados de Rosalía de Castro.

Aquí pódense ver algunhas FOTOS.

Neste VÍDEO, vemos unha mostra do momento no que soltaron os globos.

 

PREMIOS AOS MELLORES DISFRACES 2012.

  • 1º PREMIO INDIVIDUAL - "MONXA MALOTA". (Alba Abelenda - 3º B)
  • 2º PREMIO INDIVIDUAL - "LADY GAGA" (Adriana Velo - 4º A)
  • 1º PREMIO Á MELLOR COMPARSA - "SUPER MARIO BROS" (Álvaro Mol/3ºA - Luciano fernández/2ºA - Adrián Rabuñal/2ºA - Francisco Javier Martínez/2ºA)
  • 2º PREMIO Á MELLOR COMPARSA - "ABELLAS" (Judit Martínez, Lucía Ramos, Cintia Riveiro, Verónica Riveiro e Katiana Veiga de 2º B)

Premede aquí para ver as FOTOS.

24 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO / 3º e 4º ESO

Este venres 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, en que celebramos o 175 aniversario do seu nacemento, o alumnado de 3º e 4º de ESO trasladará as aulas ás rúas coruñesas para lembrar, da man do profesor da Universidade da Coruña, Diego Pardo, os pasos da poeta nos anos en que viviu nesta cidade coa súa familia.


Tamén seremos recibidos na Real Academia Galega polo actual secretario, o profesor Xosé Luís Axeitos, que nos explicará o traballo que alí realizan, centrado sempre no estudo e divulgación da lingua galega.

Hora saída - 09:35 h

Hora chegada - 14:15 h

Profesoras acompañentes: Mercedes Queixas e Carmen Varela.

CELEBRACIÓN ENTROIDO 2012. SECUNDARIA.

Mañá venres 17 de febreiro, celebraremos o Entroido 2012 durante as dúas últimas sesións.

Para ver o programa de actividades, premede aquí.

 

 

FELIZ ENTROIDO 2012 A TOD@S!!!

TEATRO. EL DIARIO DE ANA FRANK

Mañá xoves 2 de febreiro, o alumnado de ESO desplazarase ata A Coruña para asistir á obra de teatro EL DIARIO DE ANA FRANK representada no colexio "Salesianos"

Sairán do centro ás 09:15 h e chegarán ás 14:15 h.

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Concha Martínez, Conchi Liñares, Ángeles Moar, Susana Penas, Elena Alcoba, Carmen Varela e Mercedes Garrote.

VISITA DE PILAR NEIRA AO NOSO CENTRO.

Hoxe, mércores 1 de febreiro, recibimos a primeira hora da mañá, na aula de 4º de ESO, a Pilar Neira, recoñecida deportista e xogadora de fútbol, ademais de adestradora do equipo coruñés Victoria, Seleccionadora de fútbol galego feminino e Presidenta da asociación MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas), quen nos axudou a resolver, desde a súa meritoria experiencia persoal e profesional, unha pregunta que ao alumnado preocupaba: é o fútbol hoxe en día un deporte machista?

TEATRO. PELOS NA LINGUA

Mañá martes 31 de xaneiro, despediremos o mes mudando a aula de lingua e literatura de 3º e 4º de ESO de espazo didáctico.

Viaxaremos a primeira hora da mañá para dirixirnos a Compostela, ao Salón Teatro (Rúa Nova, 34) e gozar da representación teatral da obra Pelos na lingua da compañía de Cee Talía Teatro. Regresaremos ao centro por volta das 13:25 horas.

 

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Queixas, Concha Martínez e Carmen Aneiros.

Distribuir contido


by Dr. Radut