Para comezar os estudos de grao profesional é obrigatorio que todo o alumnado faga unha proba de acceso en todos os conservatorios. MÁIS INFO A CONTINUACIÓN ↓↓↓↓
Esta proba ten 2 partes: unha co instrumento na que os alumnos e alumnas terán que interpretar unha serie de pezas e exercicios que se concretan en cada programación e outra teórico/práctica de cos contidos que se recollen na programación de linguaxe musical (podedes consultar todas as programacións na seguinte ligazón: PROGRAMACIÓNS).
O prazo para inscribirse nas probas de acceso a 1º de grao profesional ese curso será do 7 ao 13 de xuño.
As probas realizarnse os días 20 e 21 de xuño en horario de tarde - o horario confirmarase en función da matriculación -.
Podedes consultar AQUÍ a documentación necesaria e as indicacións de como facer a inscrición para as probas.