Skip to Content

Blogue de admin

8M - Ano 2024

Audicións do 2º trimestre

Aquí tendes o listado das que serán abertas ao público.

Tomade nota e non vos perdades estas citas coa música da man do noso alumnado!

 

Enquisa sobre a percepción da igualdade de xénero no Conservatorio.

 

Vai xa uns anos fíxose unha enquisa entre a comunidade escolar sobre a percepción da igualdade de xénero e o seguinte vídeo fai un resumo dos resultados máis destacados.

 

Convocatoria para a Asamblea Anual Ordinaria do ANPA "O Eume"

O vindeiro mércores, día 31 de Xaneiro de 2024, ál 15:30 horas en primeira convocatoria e as 16:00h en segunda, terá lugar a Asamblea Anual Ordinaria do ANPA "O Eume", no Aula 6.1 do Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

 

Achegamos convocatoria en PDF:

Actuación da ClariSax Band

Semana de audicións - Decembro 2023

Achégase a cita trimestral coas audicións.

Aquí podedes consultar as audicións públicas que terán lugar en decembro. Agardámosvos!

25N

Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia sobre a Muller, o Departamento de Igualdade ven de preparar un vídeo en apoio á campaña que se leva a cabo desde o noso Concello e no que participaron o noso alumnado. Esperamos que vos guste!

E por suposto, queremos poñer de manifesto o noso mais absoluto rexeitamento a esta lacra.

#NONASFAGASINVISIBLES

#AFINAAMIRADA

 

Presentación do Recuncho de igualdade

Hoxe queremos presentarvos un novo proxecto do Departamento de Igualdade: “O recuncho da igualdade”. Un pequeno apartado na nosa páxina web onde publicaremos información, videos ou artigos relevantes para que todos e todas poidades acceder fácilmente a eles.

Horarios de atención ao público da directiva para o curso 2023/2024

Os horarios de atención da directiva do Conservatorio das Pontes para o presente curso 2023/2024 son os seguintes:

 

José Manuel Campello Blanco (Director)

Mércores de 17:00 a 18:00

 

Ernesto Gancedo Herreras (Secretario)

Luns de 18:00 a 18:30

Titorías 2023/2024

Os horarios das titorías do profesorado do Conservatorio das Pontes para o curso 2023-2024 son os seguintes:

 

Elena Tenreiro Arcos

Mércores de 12:00 a 13:00

 

Ernesto Gancedo Herreras

 Luns de 16:00 a 17:00

Distribuir contido


by Dr. Radut