Skip to Content

Oferta de prazas de grao elemental para o curso 2024/2025

 

De acordo coa Circular 4/2008 pola que se regulan as probas de acceso ao grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música, enviamos á inspección educativa a oferta de prazas para o 1º curso de grao elemental que se cita a continuación:

 

Oferta de prazas de grao profesional para o curso 2024/2025

 

De acordo coa Orde do 28 de xullo de 2008 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música, DOG de 18 de agosto, enviouse á inspección educativa a seguinte oferta de especialidades para o Acceso ao Grao Profesional deste Conservatorio:

 

Recital Fin de Grao de Irene Arroyo Orro (Violonchelo)

O vindeiro 10 de maio, venres, Irene Arroyo Orro, alumna de 6º de Grao Profesional do Conservatorio das Pontes, dará o seu recital Fin de Grao, composto por obras de Antón García Abril, J.S.Bach, J.Ch. Bach e Gabriel Fauré.

Concerto da BandOrquestra

O vindeiro sábado, 13 de Abril, ás 20:00 no Cine Alovi das Pontes, terá lugar un concerto moi especial da nosa BandOrquestra.

Non volo perdades!

Gañadoras do concurso de fotos do 8M

Xa temos foto gañadora do noso photocall do 8M.

As premiadas recibirán un vale donado pola ANPA O Eume para mercar material e partituras en Preludio Musical.

Según o xurado formado pola directiva da ANPA o Eume:

«Por unanimidade, [...] decidimos que a foto gañadora sexa a que anexamos, pola súa orixinalidade ao representar a M, das MULLERES e a do mes que o celebramos.»

foto gañadora

CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MEC PARA O CURSO 2024/2025

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación e Ciencia para o vindeiro curso 2023/2024.

O alumnado de grao profesional pode solicitar estas bolsas, así que, se ides facer a proba de acceso a 1º dese grao tamén podedes solicitalas.

captura de pantalla da web do MEC

Primeiras fotos do photocall do 8M do conservatorio

Xa temos aquí as primeiras fotos do noso Photocall do 8M.

collage1

Animádemvos a participar e facervos unha foto.

 

Concesión definitiva das subvencións da Deputación para Conservatorios do 2024

mano con monedas

O pasado día 8 de Marzo no Boletín oficial da provincia da Coruña 8 de marzo de 2024, foi publicada a resolución de concesión definitiva do programa FO207: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2024.

Este ano concedéuselle ao noso centro unha subvención por importe de 25 000 €.

8M - Ano 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut