Eventos
Contidos da actividade formativa: consta de dúas partes:
1ª parte: Pegada de Carbono. Nesta parte explícase e fórmase ao alumnado para calcular o seu impacto ambiental a través do indicador de Pegada de Carbono.
-
2ª parte: Sumidoiros de Carbono. Aquí explícase que é un sumidoiro de carbono, como inscribilo como tal no Proxecto TROCO2, e aproveitar así a multifuncionalidad do monte mediante a venda de bonos de carbono. Detállanse os requisitos e fórmase ao alumnado no manexo da ferramenta de cálculo de absorción de CO2.
Duración aproximada: dúas horas
Ponente: Alba María Devesa Fernández (TSUP Proy AGSA-MAPI - A Coruña)
Aula: 1.7
Destinatarios: alumnado do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural
Trala actividade preténdese que o alumnado estea en disposición de poder calcular a pegada de Carbono dunha organización ou entidade e determinar os cálculos para establecer o sumidoiro de carbono
Data: martes 23 de abril
Hora: 16:30 h - 18:10 h
Lugar: Aula 0.7
Ponente: Manuel Lamas Barral (Técnico comercial de TYRMA)
A charla será en horario de clase para todo o alumnado do ciclo
Denominación: "Determinación de existencias maderables en volumen y en peso"
Data: 26 de abril de 2019
Hora: 16:30 h
Duración aproximada: 1 hora
Lugar: CIFP SANTIAGO (Aula 1.7)
Relator: Guillermo Riesco Muñoz (profesor da escola politécnica superior de enxeñaría da USC, campus Lugo)
Resumo da charla: Preséntanse as principais técnicas existentes para determinar con precisión o volume de madeira que ten o arboledo en pé, con algunha indicación sobre instrumentos de medición e métodos estatísticos. Defínese o concepto de densidade da madeira e coméntanse algúns factores que inflúen na mesma, para finalmente expoñer o cálculo necesario para pasar de volumes de madeira a toneladas.
Data: luns 29 de abril de 2019
Hora: 16:30 h.
Punto de encontro: Igrexa do Carme de abaixo, situada en R/Carme de abaixo, 2. 15708 Santiago de Compostela (Coordenadas: DP-7803, 59)
Duración aproximada: 3 horas ( a partir das 19:00 h haberá clase normal)
Módulo: Xestión da pesca continental
Destinatarios: todo o alumnado do ciclo
Resumo: A actividade farase a proposta do profesor do módulo (Antonio R. Díaz Núñez) xunto coa Asociación Ecoloxista ADEGA.
O obxectivo é proporcionar ao alumnado coñecementos sobre ecoloxía do medio fluvial e lacustre.
No río Sarela realizarase unha inspección do estado do río con especial atención á fauna e á flora como bioindicadores, coa finalidade de aprender a clasificar o estado do medio acuático.
Esta actividade complementa as unidades sobre medio físico, ecosistemas, flora e fauna e permite un contacto con responsables dun proxecto de conservación do devandito medio
Hora: 16:30 h.