You are hereCurso 16-17

Curso 16-17


Calendario de probas libres xuño 2017

Datas das probas libres no arquivo adxunto.

Concurso concesión do servizo de cafetería

Tal e como ser recolle na Instrución 7/2017, do 30 de maio, para a contratación do servizo de xestión e explotación de cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería, faise exposición pública do CONCURSO DE CONCESIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA DO IES MONTECELO.

Prazo entre o xoves 8 de xuño ata as 14.00 horas do venres 23 de xuño.

 

A escritora Eva Mejuto e o grupo Canela Cafuné charlan sobre transexualidade

O alumnado de FP básica charlou sobre transexualidade coa escritora Eva Mejuto, autora do libro "22 segundos" e co dúo musical "Canela Cafuné". O alumnado participou na charla coa lectura dalgúns parágrafos do libro e acompañando ao grupo musical coas súas cancións. Venres 2 de xuño de 2017.

Galcamiseta 2017

 Jara Cadenas Urquía, alumna de 1º do ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica, deseñou a camiseta gañadora do concurso "Galcamiseta" en homenaxe a Carlos Casares polo día das letras galegas. Parabéns!

Dous premios nos Proxectos de Innovación de FP 2017

O IES Montecelo recibe dous premios na convocatoria de Proxectos de Innovación 2017 cos proxectos Climobil Solar e A nosa camelia: tan curiosa como saborosa.

Climobil Solar pretende a construción dun sistema que refrixere o vehículo sen consumir unha gota de combustible, xa que o proceso empregaría nun primer momento a enerxía solar. O IES Montecelo é o coordinador do proxecto, no que colabra o IES de Vilalonga e as empresas Inelsa Solar e Desguaces San. 

A nosa camelia: tan curiosa como saborosa é un proxecto coordinado polo CIFP Carlos Oroza, coa participación do   CIFP A Granxa , IEs Montecelo e as empresas Estación Fitopatolóxica de Areeiro, O Eurado da Leña S.L., Promove Consultoría e Formación S.L., Escola de Hotelaria e Turismo do Douro-Lamego e Asociación Micolóxica Brincabois.

 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2016-2017

Información sobre probas libres 

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 28 de abril de 2017 ata as 13:00 h.

 

IV Premios Down Galicia

 Os IV Premios Down Galicia salientan o traballo realizado no IES Montecelo ao longo destes últimos anos a prol da inclusión do alumnado con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual facendo entrega do premio na categoría institucional.

 

Convocatoria de cursos AFD

O IES Montecelo participa nas accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregos (AFD), impartindo dous cursos que permitirán a obtencións das cualificacións profesionais:

  • TMVG0209. Mantemento de sistemas eléctricos e electrónicos do vehículo. Nivel 2
  • AGAO0208. Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes. Nivel 2

 A data de seleccion de candidatos será o 15 e o 17 de febreiro e os cursos iniciarán o 20 e 22 de febrerio, respectivamente. Están destinados a menores de 30 anos.

 As persoas interesadas poden informarse nas oficinas do SEPE.