You are hereCurso 15-16

Curso 15-16


Calendario de probas libres

Calendario de probas libres. Departamento de Sanidade.

Calendario de probas libres. Departamento de Artes Gráficas.

Calendario de probas de títulos extinguidos LOXSE. Departamento de Artes Gráficas.

Convenio de colaboración co concello de Cambados

O concello de Cambados e o IES Montecelo asinan un convenio para a cesión de vehículos abandonados no depósito municipal ao centro, concretamente para as ensinanzas da FP básica de mantemento de vehículos.

 

Probas libres de impresión en artes gráficas (título extinguido LOXSE)

Do 6 ao 16 de maio está aberto o prazo para solicitar a participación na segunda convocatoria das probas libres do título extinguido LOXSE: "Técnico/a en impresión en artes gráficas".

Xornadas de portas abertas

Esta semana o centro abre as súas portas para dar a coñecer a súa oferta e as súas instalacións a posible alumnado doutros centros educativos. Durantes estas xornadas de portas abertas, visítannos o alumnado e profesorado do IES As Bizoca, IES Cotobade, IES Mestre Landín, IES Luís Seoane e IES Faro das Lúas que percorreran os diferentes talleres da FP Básica e de ciclos formativos.

Convocatoria de cursos AFD

Outro ano máis, o IES Montecelo participa nas accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregos (AFD), impartindo dous cursos que permitirán a obtencións das cualificacións profesionais:

  • AGAX0208. Actividades auxiliares en agricultura. Nivel 1
  • TMVG0409. Mantemento do motor e dos seus sistemas auxiliares. Nivel 2

 Os cursos iniciarán o 21 de abril en horario de 15:30 a 20:30 horas. Están destinados a menores de 30 anos.

 A data de seleccion de candidatos será o 19 de abril.

 Nas fichas adxuntas inclúese información sobre os módulos, duración dos mesmos, posibles postos de traballo, etc:

Recollida de títulos

Infórmase que están dispoñibles os títulos académicos do alumnado que rematou os estudos e fixo o depósito de título no ano 2013.