You are hereActividades Agrarias
Actividades Agrarias
Vémonos no FP Innova!
O proxecto Permacultura entra na fase final de exposición no FP Innova 2019, que se celebra na Cidade da cultura do 8 ao 10 de maio.
Mercadillo de plantas
Os días 1 e 2 de abril, o alumnado de FP básica está a organizar un mercadillo de plantas na entrada do centro.
Proxecto Permacultura: segue os seus avances no seu Instagram
O proxecto de innovación Permacultura que está desenvolvendo a familia profesional de Agraria xa ten instagram para seguir os seus avances! @proxecto_permacultura
Medalla de ouro nos Galicia skills
Parabéns aos nosos alumnos Adrián Darriba Bello e Alberto Martínez Garrido e aos docentes do departamento de Agraria por acadar a medalla de ouro nos Galicia Skills 2018.
Ligazón a nova de prensa: "Ver la FP Básica como una oportunidad" (La Voz de Galicia, 5/12/2018)
Decoración do centro con motivo do Nadal
O alumnado de 2º da FP básica de Agroxardinería e composicións florais está a realizar estes días unha actividade para decorar os corredores e zonas comúns do centro con motivo do Nadal.
Tamén, o Equipo de Normalización Lingüística convou o tradicional concurso de deseño de postais de felicitación de festas con data límite de entrega o día 15 de decembro ás 11.30 horas.
Chegou o Samaín
Calacús e un terrorífico cemiterio...chegou o Samaín oa IES Montecelo. Moitas grazas por esta estupenda decoración ao alumnado de FP Básica de Agraria.