You are hereLinguas
Linguas
Memoria do plan Proxecta Quérote 2018-19
Este curso, baixo a coordinación de departamento de comunicación lingüística, continuamos traballando no plan Proxecta Quérote+ co noso alumnado de FP Básica. Ao longo de 16 sesións implicamos ao alumnado neste proxecto para concienciar sobre a importancia dunha educación sexual baseada nos principios da tolerancia, o respeto e a igualdade.
Nesta ligazón incluimos a memoria final que inclúe imaxes e un breve percorrido polas accións que puxemos en marcha:
Primeiro número de Montesfera, o periódico estudantil da FP Básica do IES Montecelo
Sae o primeiro número do periódico Montesfera que será o medio de expresión do alumnado de FP básica. Nel inclúense artigos de fondo e de opinión sobre temas que lles preocupan, tales coma o uso das drogas, o aborto, a educación sexual e a mesmísima FP Básica.
Tamén mostran os seus gustos, preferencias e coñecemento mediante mini reportaxes sobre temas de índole diversa cos que as lectoras poidamos aprender cousas novas. Por exemplo sobre o Mushin, o Jeet Kun Do ou a República Dominicana.
Ademais este número inclúe o poema gañador de Gabriel Jesús Molina Medina alumno de 1° de FP básica. Poema que será musicado polo artista Iván Pérez alma do grupo True Mountains que en breve ofrecerá un concerto no noso centro.
De excursión a Soutomaior
Este mes de maio, o alumnado de FP básica disfrutou dun día cultural visitando Soutomaior.